Armental, Vilasantar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
{{FormatoWiki}}
m →‎Xeografía: Bot: Arranxos varios
Liña 20:
 
== Xeografía ==
Algúns dos lugares da parroquia de Armental son Libioi, Toural, A Fonte, O Pazo, Eirixe, o Castro, Porto, Zanfoga, Sesmonde, Tamou... Algúns deles tamén teñen relación coa parroquia da Laxe, cuxa igrexa foi rehabilitada nos últimos anos gracias a unión do novo párroco, dos veciños e a aportación do Arcebispado de Santiago. A Igrexa da Laxe ten varios séculos de antigüidade. Realmente, debería ser esta a Igrexa-Parroquia de todos os lugares antes mencionados, pois Armental é tan só unha pequena capela que co paso do tempo e o deterioro da Laxe, foi gañando en importancia ante os veciños. A Festa da Laxe é a Ascensión e ten lugar nos primeiros días de Maio.
 
O seu núcleo é unha pequena capela con cemiterio, a carón do chamado campo da festa. Antigamente, este campo da festa incluía un palco fixo construído con bloque (hoxe non existe) para as orquestras. A festa celébrase sobre a segunda fin de semana de agosto e é coñecida como "A Romaría Nova", habitualmente hai verbena o sábado e o domingo, con posibilidade de "sesión vermú" á saída da misa. Tamén volve facerse a antiga '''festa de outono''' en Armental co motivo do San Martiño. O [[13 de decembro]], Santa Lucía, é tamén motivo de festividade na parroquia.