Comités Abertos de Faculdade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 2:
 
== Historia ==
Durante a efervescencia das loitas na [[Universidade de Santiago]], nos primeiros anos oitenta do [[século XX]], foron xurdindo unha serie de Asembleas de Centro que confluirían arredor do ano [[1986|86]] nos Comités Abertos (a pesar que algunha, como [[CAMAE]], seguira a ser semi-autónoma). Aínda que teoricamente abranguía toda a universidade, na práctica era unha organización compostelá con algún comité nos outros [[campus universitario|campus]], e só foi a partir da segregación das universidades de [[Universidade da Coruña|A Coruña]] e [[Universidade de Vigo|Vigo]] que comezou a ser unha organización de carácter galego e ter presenza nos sete campus. Nas orixes funcionaba a nivel de [[Asemblea de Faculdade]] e cun órgano de coordinación (Consello de Campus) formado por dúas persoas de cada centro.
 
Dende a súa creación, coa disolución de [[ERGA]], no [[1988]], os CAF foron medrando até converterse na organización maioritaria do estudantado galego, presentes na meirande parte das institucións universitarias con representación estudantil.
 
Aínda que nos anos 90 apareceu o [[Movemento Estudantil Universitario]] como reacción ao que estes denunciaron como ''seguidismo da UPG'' por parte dos CAF, os Comités Abertos conseguiron recuperar a súa presenza lixeiramente.
Liña 13:
O órgano básico de organización dos CAF son os Comités de Centro, que elixen un ou unha responsábel de Comité.
 
A nivel campus, os CAF organizábase en Asembleas de Campus, órgano coordinador dos Comités do mesmo campus no cal se elixía un ou unha Responsábel de Campus.
 
Esta Asemblea delegaba responsabilidades nos Consellos de Campus, órgano de dirección e control da organización en cada Campus. Os Consellos estaban conformados, como mínimo, pola responsabilidade de Campus, as e os responsábeis de cada Comité de Centro e, no seu caso, por outras responsabilidades delegadas da Asemblea de Campus (historicamente foron as responsabilidades Institucional, Muller, Finanzas, Comunicación, e Formación).
 
O máximo órgano de decisión dos CAF era a súa Asemblea Nacional, que se reunía cunha periodicidade bianual.
 
O Consello Nacional, órgano de dirección en período interasemblear, tiña 19 membros, 12 membros escollidos pola Asemblea Nacional máis os 7 responsábeis de Campus.