Ovoalbumina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Raw egg.jpg|miniatura|dereita|Ovo cru. A ovoalbumina encóntrase na clara do ovo.]]
A '''ovoalbumina''' (abreviada '''OVA'''<ref>{{Cita publicación periódica |author1=Sano Kunio |author2=Kanna Haneda |author3=Gen Tamura |author4=Kunio Shirato |year=1999 |title=Ovalbumin (OVA) and Mycobacterium tuberculosis Bacilli Cooperatively Polarize Anti-OVA T-helper (Th) Cells toward a Th1-Dominant Phenotype and Ameliorate Murine Tracheal Eosinophilia |journal=Am. J. Respir. Cell Mol. Biol. |volume=20 |issue=6 |pages=1260–1267 |publisher= |doi= 10.1165/ajrcmb.20.6.3546|url=http://ajrcmb.atsjournals.org/content/20/6/1260.abstract |accessdate=28 de decembro de 2011}}</ref>) é a principal [[proteína]] que se encontra na [[clara de ovo]], na que supón o 60-65% da proteína total.<ref>{{Cita publicación periódica |author1=Huntington JA |author2= Stein PE |year=2001 |title=Structure and properties of ovalbumin. |journal=Journal of Chromatography B |volume=756 |issue=1-2 |pages=189-198 |doi=10.1016/S0378-4347(01)00108-6 |pmid=11419711}}</ref> A función exacta da ovoalbumina é descoñecida, aínda que se cre que é unha [[proteína de almacenamento]].<ref>Gettins PGW (2002) Serpin structure, mechanism, and function. ''Chemical Reviews'' 102(12): 4751-4804.</ref> Outra posible función ten que ver coa capacidade que posúe a ovoalbumina de anular os [[encimas dixestivos]], polo que podería ser un mecanismo protector contra as bacterias exteriores agresoras do [[ovo (bioloxía)|ovo]]. É unha proteína de grande valor biolóxico porque ten a maioría dos [[aminoácido esencial|aminoácidos esenciais]]. Desnaturalízase facilmente ao axitar a clara e coa temperatura coagula entre os 72 e 84&nbsp;°C.<ref name=Gil>Angel Gil Hernandez. Tratado de Nutrición: Composición y Calidad Nutritiva de los alimentos., Volumen 2. Google books. [http://books.google.es/books?id=hcwBJ0FNvqYC&pg=PT106&lpg=PT106&dq=desnaturalizaci%C3%B3n+ovoalb%C3%BAmina&source=bl&ots=6HzXHnu32w&sig=dN3aVcNI9h3U3eG48S6QPOgaOY0&hl=es&sa=X&ei=rzAbVIyUGNSg7Ab-kIGYBA&ved=0CEEQ6AEwBw#v=onepage&q=desnaturalizaci%C3%B3n%20ovoalb%C3%BAmina&f=false]</ref> Pode utilizarse como ovoproduto substituto alimentario do ovo. A ovoalbumina ten unha [[homoloxía de secuencias]] e tridimensional coa [[superfamilia de proteínas|superfamilia]] da [[serpina]], pero a diferenza de moitas serpinas non é un inhibidor das [[serina protease]]s.<ref>{{Cita publicación periódica |author=Hu H.Y., Du H.N. |title=Alpha to Beta Structural Transformation of Ovalbumin: Heat and pH Effects |journal=Journal of Protein Chemistry |year=2000 |volume=19 |issue=3 |pages=177–183 |doi=10.1023/A:1007099502179 |pmid=10981809}}</ref>
 
== Aplicacións ==
Liña 6:
 
* Estudos xerais da estrutura e propiedades das proteínas (porque se pode dispoñer facilmente de grandes cantidades dela).
 
* Estudos da estrutura e función das serpinas (o feito de que a ovoalbumina non inhiba as serina proteases significa que comparando a súa estrutura coa das serpinas inhibitorias, poden determinarse as características estruturais necesarias para a [[inhibición encimática|inhibición]]).
 
* [[Proteómica]] (a ovoalbumina da clara de ovo utilízase comunmente como marcador de peso molecular para calibrar os xeles de [[electroforese en xel|electroforese]]).
 
* [[Inmunoloxía]] (utilizada xeralmente para estimular unha [[alerxia|reacción alérxica]] en suxeitos proba).