Interleucina 8: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎Función: Arranxos varios
Liña 33:
A IL-8 pode ser segregada por calquera célula que teña [[receptor de tipo Toll|receptores de tipo Toll]], que están implicados na [[inmunidade innata|resposta innata inmunitaria]]. Usualmente, os [[macrófago]]s son os que detectan primeiro un [[antíxeno]], polo que son as primeiras células que liberan IL-8 para recrutar outras células. Tanto as formas [[monómero|monómeras]] coma as [[homodímero|homodímeras]] da IL-8 son potentes indutores dos receptores de quimocinas CXCR1 e CXCR2. O homodímero é máis potente, pero a [[metilación]] da [[leucina|Leu]] 25 pode bloquear a actividade dos homodímeros.
 
Crese que a IL-8 desempeña unha función na patoxénese da [[bronquiolite]], que é unha doenza común do tracto respiratorio causada por infeccións virais.<ref>Hull J, Thomson A, Kwiatkowski D. Association of respiratory syncytial virus bronchiolitis with the interleukin 8 gene region in UK families. Thorax. 2000 Dec;55(12):1023-7. PMID:11083887 11083887</ref>
 
A IL-8 é un membro da familia de quimiocinas CXC. Os xenes que codifican este e outros membros da familia de quimiocinas CXC forman unha agrupación ou ''cluster'' nunha rexión mapada na rexión cromosómica [[cromosoma 4|4q13.3]].<ref name="pmid1967588"/><ref>{{cite web | title = Entrez Gene: IL8 interleukin 8| url = http://www.ncbi.nlm.nih.gov/sites/entrez?Db=gene&Cmd=ShowDetailView&TermToSearch=3576| accessdate = }}</ref>