Vladimiro I de Kíiv: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo lingua
viquingo
Liña 43:
Sviatoslav designou a Vladímir como gobernante de [[Nóvgorod]], mentres que a [[Iaropolk]], o seu fillo lexítimo, deulle [[Kiev]]. Despois da morte de Sviatoslav no ano [[972]] desatouse unha guerra entre Iaropolk e os seu irmán menor [[Oleg]], rexente de [[Drevlinia]], a terra dos drevlianos.
 
O ano [[977]] Vladímir visitou a [[Haakon Sigurdsson]], gobernante de [[Noruega]], e recrutou a maior cantidade de guerreiros [[vikingoviquingo]]s que puido para que o axudasen a recuperar Nóvgorod. Ao ano seguinte, marchou contra Iaropolk. No seu camiño a [[Kiev]], enviou embaixadores a Rógvolod, príncipe de [[Polotsk]], para pedirlle a man da súa filla Rogneda. A princesa rexeitou casar con el, pero Vladímir atacou Polotsk e tomou a Rogneda á forza.
 
Polotsk resultou un lugar clave, xunto con [[Smolensk]], para a toma de Kiev no ano [[980]]. Foi coroado o [[11 de xuño]] dese ano como [[República de Nóvgorod|Príncipe de Nóvgorod]]. Vladímir acusou a Iaropolk de traizón e, no mesmo ano de 980, despois da súa vitoria sobre a ''rus sur'' de Iaropolk,<ref> [http://www.katolsk.no/biografier/historisk/vladimi1 Den hellige Vladimir av Kiev (~956–1015)], en Katolske Kirke (en noruegués).</ref> fíxoo asasinar, e violou á súa muller Xulia (quen traeria ao mundo pouco tempo despois un fillo, [[Sviatopolk I|Sviatopolk]], oficialmente fillo de Iaropolk, aínda que certas fontes afirman que sería en realidade fillo de Vladímir).