Renacemento do século XII: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 53:
 
Estes cambios políticos foron á vez causa e consecuencia, por obra dun proceso de [[retroalimentación]], dunha serie de cambios económicos e sociais. Por unha parte, o [[feudalismo]] lle proporcionara estabilidade social a [[Europa]], librándoa das destrutoras invasións de [[vikingo]]s, [[maxiar]]res e [[musulmán]]s dos séculos precedentes. Por outra, desde a [[Carlomagno|época carolinxia]] os métodos agrícolas experimentaran unha revolución, con novas técnicas de [[gandaría]] e [[agricultura|cultivo]]. E por outra parte, o feudalismo xeraba un gotexo de persoas que sobraban dentro do sistema, tanto segundóns dos señores feudais, como [[servidume|servos]] que desexaban escapar da tiranía do seu señor, que fixeron que algúns deles emprenderan carreira como soldados de fortuna nas fronteiras da [[Cristiandade]], ou ben encontraron refuxio nos nacentes [[vila|burgos]], dedicándose ao intercambio de excedentes produtivos derivados da agricultura, e inaugurando así as [[feira]]s e mercados medievais. Estes novos comerciantes, os [[burguesía|burgueses]], conformaron unha nova clase social, activa e emprendedora, e en constante conflito co mundo feudal, baseado na tradición e na pasividade social. As cidades e a burguesía foron así o motor que empregaron os reis para impoñerse progresivamente aos seus turbulentos señores feudais.
[[Ficheiro:The governess.jpg|miniatura|esquerda|280px|<small>A fologura financeira das [[burguesía|familias burguesas]] permitíronlles dispoñer dun amplo [[servizo|servizo doméstico]]: [[criado]]s, [[gobernante]]s e [[preceptor]]es encargábase dos labores da casa e da educación dos fillos.<br /> ''La Gouvernante'', pintura de [[Jean Siméon Chardin]], século XVII.</small>]]
 
A [[Primeira Cruzada]], pola súa parte, creou un activo intercambio comercial entre [[Oriente]] e [[Occidente]], que foi aproveitado polas cidades italianas para crear riqueza, beneficiándose da súa posición de intermediarias, financiando deste modo o [[Comunas de Italia|movemento comunal italiano]]. Aínda que as Cruzadas resultarían finalmente fracasadas, cidades como [[Xénova]], [[Venecia]] e [[Pisa]] transformáranse había tempo en importantes actores políticos, dándolle novo poder á burguesía.