Diferenzas entre revisións de «Georges-Louis Leclerc»

→‎Obra: arranxiños
m (Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB)
(→‎Obra: arranxiños)
 
== Obra ==
A obra máis célebre de Buffon é a súa ''Historia natural, xeral e particular'' (''Histoire naturelle, générale et particulière'') en 36 volumes publicados entre [[1749]] e [[1788]] e con 8 volumes adicionais publicados á súa morte (por [[Bernard de Lacépède|Lacépède]]).
 
Esta obra engloba o coñecemento do mundo natural até aquela data, excluíndo as plantas, os insectos, os peixes e os moluscos. As descricións de animais non foron probabelmente escritas por el, xa que estas descricións aburríano e as confiaba a miúdo aos seus colaboradores, reservando para si as grandes visións de conxunto e as hipóteses acerca da estrutura do mundo e da organización gradual e as transformacións sucesivas da materia inanimada ou a vivente. O verdadeiro Buffon debe buscarse na ''Teoría da Terra'' e nas ''Épocas da Natureza''.<ref>Cf. G. Lanson e P. Truffau, ''Historia de la literatura francesa'', Barcelona: Labor S. A., 1956, páx. 388.</ref>
=== Bioloxía ===
* En [[embrioloxía]], Buffon defendeu unha teoría [[epixenetismo|epixenética]]. Fronte ao [[preformacionismo]] dominante na época, Buffon postulou a existencia de "moléculas orgánicas", entidades primitivas e incorruptíbeis que constituirían a todos os seres vivos, uníndose por "intrususcepción" ao longo da [[embrioxénese]].
* En canto á súa concepción do organismo, no seu ''Discours sur la Nature des Animaux'' Buffon distingue entre as partes animal e vexetativa dos animais, unha distinción que sería máis tarde desenvolvida por [[Xavier Bichat]] e [[Georges Cuvier]]: as funcións vexetativas ou orgánicas están sempre actuando e son realizadas polos órganos internos, dos cales o corazón é o órgano principal; as funcións animais son realizadas polas partes externas (os órganos dos sentidos e as extremidades). Así, podería dicirse que un animal é un complexo de órganos que cumpren as funcións vexetativas (asimilación, crecemento e reprodución) cuberto por un envoltorio formado polas extremidades, os órganos dos sentidos, os nervios e o cerebro, que sería o centro deste envoltorio. Os animais poden diferir uns dos outros nas súas partes externas sen mostrar grandes diferenzas na ordenación das súas partes internas. Porén, se os órganos internos cambian, as partes externas cambiarán infinitamente.<ref>Russell (1916): ''Form and Function'', páxs. 25 e 26.</ref>
* Buffon é un dos grandes expoñentes da idea da ''[[Scala naturae]]''. Así, Buffon ordena os seres orgánicos de maneira gradual, aínda que a gradación non é de tipo morfolóxico senón funcional.<ref>Buffon (1749): ''Histoire naturelle'', i., p. 13; ii, p. 9; iv., p. 101; e xiv., páxs. 28-29.</ref>
* Buffon foi tamén un firme crente na unidade do plano estrutural dos [[vertebrado]]s. Por vez primeira, e aínda que fora a modo de hipótese, se explica a unidade do plano por unidade de orixe.<ref>Russell (1916):. ''Form and Function'', páx. 24.</ref>
* Buffon rexeita a obxectividade da [[Taxonomía|sistemática]], especialmente a [[Linneo|linneana]], á que considera totalmente artificial. Porén, propón un concepto de [[Especie (bioloxía)|especie]] moi próximo ao concepto biolóxico moderno, fundamentado na permanencia dos caracteres ao longo das xeracións e na imposibilidade de obter descendentes fecundos entre dúas especies diferentes. En opinión de Buffon, os baleiros entre especies son a única descontinuidade mostrada pola Natureza.
* O [[transformismo (bioloxía)|transformismo]] de Buffon está limitado ao interior das especies. Se ben Buffon especula sobre a posibilidade dun tipo orixinal de onde descenderían o resto dos animais mediante transformacións morfolóxicas, finalmente rexeita esta hipótese baseándose na constancia das especies e na infertilidade dos híbridos. A tese de que Buffon era un evolucionista convencido que corrixiu as súas opinións por medo á Igrexa non se acepta xa por ningún dos expertos na obra de Buffon. Como sinala Russell,<ref>Russell (1916): ''Form and Function'', páx. 25.</ref> Buffon refuta a posibilidade transformista apelando a criterios racionais e non a un acto de fe: como podería suceder que dous individuos "dexenerasen" na mesma dirección? Como é que non encontramos ligazóns intermedias entre as especies?. Para Buffon, as "dexeneracións" podería afectar tan só ao tipo orixinal dunha especie por influencia especialmente do clima. Porén, o seu cuestionamento da constancia absoluta da especie, as súas reflexións sobre a historia da Terra, a fecundidade dos híbridos, o papel do medio e a [[bioxeografía]], abrirá a vía á bioloxía [[lamarck]]iana. (Schmitt 2006: 97).
* En [[anatomía|anatomía comparada]], aínda que a súa obra non destaca polas súas observacións detalladas, ofrece un programa de investigación que tería unha forte influencia. Por un lado, insiste na importancia do estudo das estruturas internas (e non só da morfoloxía externa) para a comprensión do funcionamento dos organismos. Este proxecto será posto en marcha por [[Daubeton]] e [[Vicq d'Azyr]] e conducirá á gran síntese de [[Georges Cuvier|Cuvier]]. Por outro lado, Buffon, desconfiando da causalidade final, tende a adoptar un enfoque puramente morfolóxico, considerando as formas independentemente da súa función. Esta vía conducirá aos traballos de [[Goethe]] e [[Étienne Geoffroy Saint-Hilaire]]. (Schmitt 2006: 97)
 
As ideas de Buffon non estiveron exentas de controversia. En particular, a súa longa disputa con [[Thomas Jefferson]] e outros estudosos estadounidenses ao estar el convencido de que en América prevalecía un estado de evolución retardada, tanto para as plantas e os animais como para os indíxenas. Tamén sostivo unha curiosa polémica por correspondencia con [[Lord Monboddo]] quen, en contra da opinión de Buffon, insistía na proximidade do parentesco de homes e simios.
26.323

edicións