Xénero gramatical: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Xénero "natural" e xénero social: *strictu senso > stricto sensu
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 33:
 
== Xénero "natural" e xénero social ==
Tamén funcionan clarisimamente condicionantes sociais na adscrición de substantivos, sobre todo referentes a [[profesión]]s, á adscrición habitual que se fai de tales substantivos a un xénero ou non, sendo habitualmente masculinos os substantivos non marcados que se refiren a profesións [[cultura]]l ou [[Tradición|tradicionalmente]] do ámbito masculino, como por exemplo “médico”, do mesmo xeito que ocorre a inversa con profesións que se consideran priopriamente femininas, por exemplo “enfermeira”. Tal adscrición a un xénero gramatical a un outro tamén se dá naquelas linguas onde se aplica o chamado ''xénero natural'', como o inglés, onde segundo os [[prexuízo]]s sociais ou o marco semántico referencial o xénero denotacional dos substantivos [[epiceno]]s (neutro) choca co seu xénero connotacional no uso plasmado noutros elementos correferenciais da frase que si teñen flexión por xénero, máis habitualmente os pronomes. Por exemplo, ''nurse'' e ''doctor'' son ''[[strictu senso|stricto sensu]]'' epicenos en inglés, iso é sen xénero gramatical, mais no uso tenden a ser feminino e masculinos respectivamente, p.e. ''when the nurse comes, tell her to...'' vs. ''when the doctor comes tell him to''
 
{{CategLinguisticas}}