Europa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 40:
{{Artigo principal|Xeografía de Europa}}
Europa é o segundo continente máis pequeno da Terra tras Oceanía, ten unha extensión de 10 530 751 [[km²]], representando o 7 % das terras emerxidas. Pódese definir a Europa como unha macro unidade xeográfica, como pode ser [[América do Norte]] e [[América do Sur]]. De feito, tamén é definido coma un subcontinente da [[Eurasia]].
 
===Flora===
As zonas de '''vexetación''' de [[Europa]] espállanse polo continente (dun xeito aproximado), en faixas paralelas que van dende o [[Océano Atlántico]] ata os [[Montes Urais]]. É un cinto de árbores de folla caduca e [[conífera|coníferas]]: [[carballo|carballos]], [[Pradairo|pradairos]], [[olmo|olmos]] mesturados con [[piñeiro]]s e [[abeto|abetos]].
 
* As rexións '''árticas''' da Europa [[setentrional]] e as vertentes superiores das súas montañas caracterízanse por unha vexetación de [[tundra]], constituída a base de [[lique|liques]], [[arbusto]]s e flores salvaxes.
* As temperaturas do '''interior''' desta parte de Europa, máis suaves pero aínda frías, crean un ambiente favorábel para o desenvolvemento de coníferas como o piñeiro, aínda que tamén hai [[abidueira|abidueiras]] e [[Lamigueiro|chopos]].
* No centro de [[Europa]], a maior parte da gran terra cha europea está cuberta de prados. [[Ucraína]] caracterízase pola [[estepa]], unha rexión cha e seca de herba curta.
* As zonas próximas ó [[Mar Mediterráneo]] destacan polos [[froito]]s dalgunhas das súas árbores e arbustos, especialmente as [[oliva|olivas]], os [[cítrico|cítricos]], os [[figo|figos]] e a [[uva]].
 
== Historia ==