Moncho Valcarce: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 5:
Terceiro de oito irmáns (catro nenos e catro nenas), formouse na escola dos [[Xesuíta]]s de [[Vigo]] e no Instituto Masculino de Ensinanza Media da [[A Coruña|Coruña]] e matriculouse por libre en [[Dereito]] na [[Universidade de Compostela]]. Porén máis tarde decidiu estudar [[teoloxía]] e o pai tentouno convencer de ir a [[Roma]]. El optou por comezar nun nivel máis humilde e en [[1963]] ingresa no [[seminario de Santiago de Compostela]] e recibe as primeiras ordes.
 
Porén será expulsado por mor duns escritos e o [[arcebispo]] [[Fernando Quiroga Palacios|Quiroga Palacios]] suxírelle que continúe na Coruña, por libre, os seus estudos eclesiásticos e convídao a realizar labor pastoral na igrexa de San Xosé e na Colexiata. Na [[igrexa de San Xosé, A Coruña|igrexa de San Xosé]] permanece ás ordes do párroco [[Xosé Lamas]] e na Colexiata ás do abade [[Manuel Espiña Gamallo|Manuel Espiña]]. Ó ano seguinte ([[1964]]), co cambio de autoridade e baixo a titoría de Manuel Espiña, volve novamente a Compostela e é ordenado sacerdote o [[19 de decembro]] de [[1969]].
 
Moncho Valcarce establécese como crego nas parroquias de [[Sésamo, Culleredo|Sésamo]] e [[Sueiro, Culleredo|Sueiro]] en marzo de [[1971]], no seu primeiro destino como sacerdote. Fala galego, non emprega o vestiario tradicional dos [[sacerdote|cregos]] e calza a [[boina]]. Tamén se nega a cobrar a paga de sacerdote e as taxas polos servizos relixiosos. Datan dese tempo os seus primeiros enfrontamentos coa autoridade eclesiástica e a súa cada vez maior implicación co movemento [[antifranquismo|antifranquista]]. O [[Partido Comunista de España|Partido Comunista]] instala unha imprenta na [[casa reitoral]], que se converte nun punto de encontro de pluralidade para distintos colectivos de distintas ideoloxías.