10.315
edicións
(corrixo lingua) |
Sen resumo de edición |
||
Desenvolveu un esmalte cerámico que facía que as súas obras tivesen unha maior durabilidade no ar libre, facendo así posíbel o uso de cerámica na decoración exterior de edificios. A súa obra caracterízase polo seu feitizo, fronte ao dramatismo tan frecuente nos seus contemporáneos. Dúas das súas obras máis famosas son ''A Natividade'' (c. [[1460]]) e a ''Virxe co Neno'' (c. [[1475]]). Foi o primeiro dunha dinastía de importantes ceramistas: [[Andrea della Robbia]] (sobriño seu) e [[Giovanni della Robbia]] (resobriño seu, fillo de Andrea).
Della Robbia foi gabado polo seu compatriota [[Leon Battista Alberti]] como un xenio comparábel aos escultores [[Donatello]] e [[Lorenzo Ghiberti]], ao arquitecto [[Filippo Brunelleschi]] e ao pintor [[Masaccio]]. Para xustificar este emparellamento de della Robbia con artistas contemporáneos desta categoría, Alberti reivindicaba o interese e a forza das súas obras en [[mármore]] e [[bronce]], así como as súas obras en terracota, sempre asociadas ao seu nome.
== Galería ==
|
edicións