Ron: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Orixe: correccións con AWB, replaced: suas → súas using AWB
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 88:
Unha fermentación lenta devén nun bouquet máis intenso, por exemplo, tan só un dos tantos axiomas preponderantes. Saltando algunhas regras, hai quen lle agregan ingredientes como canela, vainilla ou pasas para modificar o aroma cara a un rexistro persoal. O oficio do destilador consiste en controlar tempos, temperaturas, procesos, de xeito tal que se chegue ao momento de mel que honra ao ron. E chegado aí, recentemente empeza o clímax final: o envellecemento. A cor dependerá do material en que se envelleza o produto destilado. Tanques de aceiro inoxidable logran o ron transparente, case metálico cos que os barmen adoitan facer prodixios. A madeira dálle esa cor améndoa que tan ben combina coa posta de sol a poucos metros do mar.
 
Rones portorriqueños (lixeiros), xamaicanos (densos), venezolanos (saborosos), teñen un sólido prestixio masivamente avalado polos máis sensibles padais. Pero é Cuba, illa que é metade rumba, metade cana, quen máis se privilexiou coa bendición do licor de cana. Méritos propios ten e sóbranlle. Non en balde a máis grande destilería de ron do mundo está na illa e é de [[Havana Club]]. Pero seica a quen máis lle deba o seu prestixio o ron cubano sexa a [[Ernest Hemingway]]. O seu dictum: O [[mojito]] en [[A Bodeguita do Medio|A Bodeguita]], o [[Daiquiri (cóctel)|daiquirí]] no Floridita, focalizan o preciso punto de encontro con dous dos máis notables cócteles que inclúen ron na súa natureza. Se desexa comprobalo, achéguese pola Rúa do Bispo Nº 557 en [[A Habana Vella]]. Sentado á barra do Floridita pida un Hemingway Especial: Dobre ración de daiquiri servida en copa con cume de neve tipo [[KilimanxaroKilimanjaro]]. O resto é literatura".|Tomás da Barra|#GGC11C}}
 
== Notas ==