1807: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-[[Bos Aires +[[Buenos Aires)
Restauro Bos Aires
Liña 41:
=== América ===
* O [[3 de febreiro]] as tropas británicas ocupan a cidade brasileira de [[Montevideo]] (no Río da Prata), despois dunha breve resistencia. A ocupación, que irá dende febreiro ata setembro, traerá a [[Montevideo]] novos conceptos comerciais e ideolóxicos; xunto coa aparición do seu primeiro xornal bilingüe «''The Southern Star / La Estrella del sur''».
* O [[5 de xullo]] o pobo da cidade de [[BuenosBos Aires, Arxentina|Bos Aires]] ([[Arxentina]]) e parte da milicias crioulas formadas ante a invasión, rexeitan as tropas inglesas que avanzan polas rúas cara o forte, co fin de apoderarse da capital do vicerreinado. O [[7 de xullo]], o xeneral inglés John Whitelocke asinaba a paz, pola que se comprometía a devolve-la praza de [[Montevideo]] (tomada en febreiro) dende a que veu o ataque contra Bos Aires, e retirar todas as súas forzas do [[Río da Prata]] nun prazo de dous meses. Xa no ano [[1806]], en xuño tivo lugar a primeira invasión inglesa en Bos Aires. O almirante sir Home Popham inducira a aventura o xeneral Beresford, que con só 1.600 homes tomou a cidade (que naquel momento tiña uns 50 000 habitantes), sen encontrar case ningunha oposición; mentres o vicerrei Sobremonte fuxía cara o interior sen intenta-la resistencia. Juan Martín de Pueyrredón dende San Isidro e o mariño francés Santiago Liniers dende Montevideo encargáronse de face-la reconquista. O primeiro (Pueyrredón) foi derrotado, pero Liniers, afincado dende facía tempo no vicerreinado e ao mando das fragatas que protexían o río, desembarcou en San Fernando e, coa axuda dos habitantes consegue a rendición de Beresford o [[12 de agosto]] de [[1806]]. Formáronse por aqueles tempos a milicias crioulas coa finalidade de previr unha segunda invasión. Un cabido aberto privou de mando militar o vicerrei, e outro cabido aberto encargouse de destituílo no 1807. Cando os ingleses chegaron por segunda vez, os crioulos de Bos Aires xa comezaran a tomar consciencia do seu poder.
== Nacementos ==
* [[5 de xaneiro]] - Carlos Germán Conrado Burmeister, paleontólogo alemán.