A dama do armiño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
m →‎Análise do cadro: ligazón a beleza
Liña 23:
Crese que a obra representa a Cecilia Gallerani, a amante de [[Ludovico Sforza]], [[Ducado de Milán|duque de Milán]]. A pintura é un dos catro [[retrato]]s de muller pintados por Leonardo, sendo os outros tres [[Mona Lisa|A Gioconda]], o retrato de [[Retrato de Xenebra de Benci|Ginevra de' Benci]] e o de [[La Belle Ferronière]]. Malia certos danos - unha porta no fondo foi pintada, un veo transparente sobre a cabeza do modelo volveuse nun peiteado extravaxante e varios dedos foron repintados groseiramente-, atópase en mellores condicións que outras pinturas de Leonardo. Algúns destes danos sufriunos durante a Segunda Guerra Mundial.
 
Leonardo coñeceu a Cecilia Gallerani en Milán en 1484 posto que ambos habitaban o [[Castelo Sforzesco]], o palacio de Ludovico Sforza chamado "o Mouro". Era a amante do duque; mozo e bela (tiña soamente 17 anos), Cecilia interpretaba música e escribía poesía. Era apreciada, pois, ademais de por a súa [[beleza]], polo seu talento e intelixencia.
 
Sostén nas súas mans e acariña o que normalmente considerouse un [[armiño]], representado con precisión e vivacidade.