Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 3:
A '''Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra''' <ref>Nos Estatutos da asociación, publicacións e no propio cuño, ''Sociedad Arqueológica de Pontevedra'', en castelán.</ref> foi unha asociación de distintas personalidades da arte e cultura pontevedresa fundada o [[15 de agosto]] de [[1894]] cos obxectivos de estudar as ciencias arqueolóxicas e adquirir e conservar tódolos obxectos de mérito no relativo á arte e historia da cidade de [[Pontevedra]].
 
Entre estes obxectos de mérito incluían debuxos, gravados, esculturas, escudos, epigrafía, moedas, elementos arquitectónicos etc., así como música e poesía popular. Por medio de compras ou donativos acumulou unha completísima colección de libros e obxectos de arte de todo tipo. Loitou pola recuperación e restauración de diversos monumentos, destacando as [[ruínas de San Domingos]], que salvou do derrubamento definitivo que aprobara a corporación municipal en [[1874]] e [[1880]]. Polo contrario, os intentos para conservar a ''Capela da Virxe do Camiño'' foron infrutuosos.
 
Precedente inmediato da constitución da ''Sociedade Arqueolóxica'' foi a xuntanza que se celebrou nas propias ruínas de San Domingos o [[16 de setembro]] de [[1889]] <ref>No libro editado polo Museo de Pontevedra, ''Os debuxantes da Sociedad Arqueológica de Pontevedra'', Filgueira Valverde dá a data do 16 de setembro de 1886 (px. 10). Pero máis adiante, as autoras do capítulo dedicado á Sociedade, dan a data de 1889 (px. 31).</ref>, baixo a convocatoria do poeta [[Roxelio Lois Estévez]], daquela director de ''[[O Galiciano]]'', [[Manuel de la Fuente]] e o médico [[Xosé Casal Lois]], estes dous delegados da Comisión Provincial de Monumentos. Esta xuntanza converteuse nunha especie de ocupación das ruínas como sede da Sociedade.