Giorgio Vasari: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 11:
|sinatura =
}}
'''Giorgio Vasari''', nado en [[Arezzo]] o [[30 de xullo]] de [[1511]] e finado en [[Florencia]] o [[27 de xuño]] de [[1574]], foi un [[escritor]], [[Pintura|pintor]] e [[arquitecto]] [[Italia|italianoitalia]]no. Nacido nunha familia modesta, foi autor dunha aprezada escolma biográfica titulada ''Vida dos máis excelentes pintores, escultores e arquitectos'' (''[[Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori]]'') (1560-1570). Esta obra ten importancia, pois nela puxo as bases das primeiras aproximacións metodolóxicas da [[Historia da arte]].
 
A partir de 1553 traballa na corte dos [[Medici]]s en Florencia e funda a Academia de debuxo en [[1562]]. En [[1564]], proxecta, sempre en [[Florencia]], o [[Corredor de Vasari|"corredor"]] que une o [[Palazzo Vecchio]] con o [[Pazo Pitti]], que constrúe en 5 meses, baixo encargo de [[Cosme Iº de Toscana|Cosme I]]. Permitiu que os Médicis circulasen sen baixar á rúa para atravesar o [[Arno (río)|Arno]] pola Ponte Vella ([[Ponte Vecchio]]), cheo de admirábeis cadros (moitos autorretratos). Realizaría amais a reforma de [[Santa Maria Novella]]. En 1574 comezou a decoración da cúpula de [[Santa Maria del Fiore]], a catedral florentina, realizando as figuras próximas á lanterna, pero a súa morte fixo que a obra fose rematada por [[Federico Zuccaro]]. Fóra de Florencia, traballou en [[Pistoia]] (Santa María da Humildade) e [[Pisa]] (pazo dos Cabaleiros de Santo Estevo).
 
== Traxectoria ==
Liña 20:
A idade moi temperá converteuse en alumno de [[Guglielmo da Marsiglia]] —destacado pintor de vidreiras con obradoiro en [[Arezzo]]— a quen foi recomendado polo seu parente o pintor [[Luca Signorelli]]. Aos dezaseis anos, o cardeal [[Silvio Passerini]] enviouno estudar a Florencia onde frecuentou o estudo do escultor [[Baccio Bandinelli]] e tratouse co círculo de [[Andrea del Sarto]] e dos seus alumnos [[Rosso Fiorentino]] e [[Jacopo Pontormo]]. En Florencia coñeceu a [[Miguel Anxo]], a quen reverenciou toda a vida, próximo a marchar a Roma, e cuxo estilo de pintura influíu nel poderosamente.
 
En [[1529]] visitou [[Roma]] e estudou as obras de [[Rafael Sanzio|Rafael]] e doutros artistas romanos da xeración anterior. Foi empregado regularmente por patróns da familia [[Medici|Médicis]] en Florencia e Roma e traballou tamén en [[Nápoles]], Arezzo, [[Pisa]], [[Bolonia]] e [[Módena]].
 
=== Fama ===
Liña 31:
 
== Obra de pintura ==
Débenselle os frescos do gran salón do pazo da Chancelaría en Roma e especialmente algúns dos frescos decorativos do [[Palazzo Vecchio]] en Florencia ([[Cronos castrando ao seu pai Urano]]). Comezou os frescos da cúpula da catedral de Florencia, que non acadou rematar. Cabe salientar a peza ''[[A adoración dos pastores|]]''A adoración dos pastores'']], que conserva unha estreita relación co fresco do convento de Santa Margarita en [[Arezzo]]. O soporte de pedra que o artista elixiu conta cunha delgada preparación. O óleo matizado logra expresar unha profundidade de planos, típico recurso do Barroco Neoclásico. ''Eu lembro que realicei unha pequena pintura da natividade de Cristo, a cal regalei á miña Señora Costanza de Medici.''
 
En [[1563]] fundou a [[Accademia delle Arti del Disegno]] en Florencia, baixo a protección do duque [[Cosme I de Médicis]] e con [[Michelangelo]], cabeza da institución, e trinta e seis artistas elixidos coma membros.
Liña 37:
A obra pictórica de Vasari móstrase en todo o seu esplendor no interior do Pazo Vecchio, na coñecida Sala dos Cincocentos. En 1563 a sala é encomendada a Vasari co fin de levar a cabo unha remodelación decorativa acorde coa grandeza do pazo. Coma resultado temos un impresionante salón de 52 x 23 metros, cuxas paredes están decoradas con obras do pintor: a conquista de Siena, a toma de Porto Ercole, a vitoria de Cosme I de Marciano dellaChiana, a derrota de Pisa en San Vincenzo, o ataque de Mazimilianode Austria en Livorno e Pisa atacada polas tropas de Florencia. A decoración do teito representa, en 39 paneis, os episodios máis importantes da vida de Cosme I, os barrios da cidade e, no centro, a escena do seu nomeamento como Gran Duque de Toscana. A ambos os dous lados, xunto ás paredes, encontramos seis estatuas, incluíndo o ''[[Xenio da Vitoria]]'' de Michelangelo.
 
Hai unha polémica pola existencia dunha obra de [[Leonardo da Vinci]] coñecida como ''[[A batalla de Anghiari|]]''A batalla de Anghiari'']], que no seu tempo se encontraría pintada ao fresco nestes muros pero que actualmente está perdida. Barállase a posibilidade de que ao redecorar a sala, Vasari ocultásea baixo as súas pinturas. Un dos elementos que reforzan esta teoría é a existencia dunha expresión italiana situada na bandeira dun dos frescos de Vasari, que di Cerca Trova (literalmente: procura e acharás).
 
== ''As vidas dos máis excelentes pintores, escultores e arquitectos'' ==
Liña 59:
* [http://www.historia-del-arte-erotico.com/vasari/ Algunhas vidas traducidas das edicións Giuntina e Torrentina]
 
{{ORDENAR:Vasari,Giorgio}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Vasari,Giorgio}}
[[Categoría:Arquitectos do Renacemento]]
[[Categoría:Arquitectos de Italia do século XVI]]