Diferenzas entre revisións de «Al-Hakam II»

m
Arranxos varios using AWB
(corrixo *derrame)
m (Arranxos varios using AWB)
'''Abû al-`Âs al-Mustansir bi-llah al-Hakam ibn `Abd ar-Rahman''' (en [[lingua árabe|árabe]], '''أبو العاص المرتضى الحكم بن هشام'''), máis coñecido como '''Al-Hakam II''' ou '''Alhakén II''' ([[Córdoba, España|Córdoba]], [[13 de xaneiro]] de [[915]] - [[16 de outubro]] de [[976]]), segundo [[califa]] [[omeia]] de [[Califato de Córdoba|Córdoba]], desde o [[16 de outubro]] de [[961]] até a súa morte.
 
Sucedeu ao seu pai [[Abderramán III]], continuando a súa política e mantendo a paz e a prosperidade en [[Al-Andalus]]. No só sostivo o apoxeo ao que chegou o califato co seu pai, senón que con el alcanzou o seu máximo esplendor.
 
Aos 8 anos foi nomeado sucesor de Abderramán III, e a súa educación foi exquisita, participando intensamente nas actividades de goberno, así como nas campañas militares, acompañando ao califa en varias ocasións.
 
Cando á morte de seu pai fíxose cargo do poder contaba con case 47 anos e adoptou o título de '''al-Mustansir Bi-llah''' (''o que busca a axuda vitoriosa de Alá''). Até entón, e pese á súa unión con [[Radhia]], non tivo fillos. Ao chegar ao trono a descendencia facíaselle necesaria, e logrou conseguila cunha concubina escrava, de orixe vasca, chamada [[Subh]] (e tamén Zohbeya e Aurora, e a quen Al-Hakam deu o nome masculino de Chafar).
 
== Política exterior e campañas militares ==
[[Ficheiro:Capilla-de-Villaviciosa.jpg|miniatura|300px|Mesquita de Córdoba.]]
[[Ficheiro:Medina Azahara Salón Rico.jpg|miniatura|300px|Medina Azahara.]]
O califato baseábase na igualdade de todos os grupos étnicos e relixiosos para acceder aos postos de goberno, acabando coa nobreza militar árabe, bérbere, eslava ou de calquera outra orixe.
 
O respecto aos cristiáns, aos xudeus e á inmensa parte da poboación, así como a constitución dunha burocracia meritocrática e unha clase media comercial e administrativa, foron as bases dun estado de benestar.
=== Obras públicas ===
* Dedicouse á [[Mesquita de Córdoba]], da que xa en vida do seu pai inspeccionaba as obras, realizando a ampliación máis bela e a decoración máis rica, derrubando o muro da ''[[qibla]]'' e estendendo o oratorio en doce cruxías, dotándoo dunha serie de lucernarios cubertos con belas cúpulas nervadas, e dunha ''[[macsura]]'' con presenza de arcos polilobulados e entrecruzados, ademais da construción do ''[[mihrab]]'', concibido por primeira vez como unha habitación octogonal, cuxa portada foi decorada con belos mosaicos realizados por mestres bizantinos enviados polo [[basileus]] ([[emperador]]) de Constantinopla, [[Constantino VII]].
 
* Rematou a construción de [[Medina Azahara]], co mesmo tipo de construción e decoración que a mesquita. Utilizaba as súas dependencias desde a primavera até o outono e, se algunha vez o facía en inverno, era para presidir recepcións solemnes e recibir embaixadores.
* Reformou o [[Alcázar]] e construíu castelos por varias zonas como defensa contra os reinos cristiáns.
 
* Reformou o [[Alcázar]] e construíu castelos por varias zonas como defensa contra os reinos cristiáns.
 
* Realizou obras públicas en Córdoba, que se converteu na cidade máis importante de Europa, tanto pola súa poboación como no ámbito político e cultural. Foi a primeira cidade da península que tivo pavimentadas as súas rúas, alumeado público nocturno e unha rede de sumidoiros de [[augas residuais]] nunha rede perfectamente organizada, algo extraordinario tendo en conta a época. Tamén hai constancia de obras deste tipo noutras cidades.
 
* Construíu o castelo de Baños de la Encina.
 
 
* A vida económica propiamente dita estaba baseada na [[agricultura]] e a [[gandaría]]. O cultivo de cereais e legumes foi particularmente intenso. Os excedentes de olivas, uvas e figos exportábanse, con pingües beneficios, cara a Oriente. Introduciuse o cultivo do arroz, da laranxeira e do pomelo, e construíronse sistemas canles de rega. O manto forestal alcanzou probabelmente a súa extensión máxima na península e foi aproveitado para a construción de barcos, en especial nos [[estaleiro]]s de [[Tortosa]].
* O dominio de [[Marrocos]] e [[Alxeria]] facilitou a protección das [[caravana]]s que traían o ouro de [[Sudán]], co cal se cuñaban moedas.
 
* O dominio de [[Marrocos]] e [[Alxeria]] facilitou a protección das [[caravana]]s que traían o ouro de [[Sudán]], co cal se cuñaban moedas.
 
* A gandaría estivo en mans dos [[bérber]]es. Na época de Abderramán II se introduciran os primeiros [[dromedario]]s en España, que se criaron para o exército.
 
* As técnicas de extracción [[Minaría|mineira]] non experimentaron avances sensíbeis con respecto aos da época [[Roma Antiga|romana]], e os metais explotados foron os mesmos que na antigüidade: ouro e prata.
 
* A industria de tipo artesán centrouse na manufactura de obxectos de luxo.
 
 
* A [[medicina]] estivo en mans dos mozárabes até mediados do [[século IX]]. Nesta época chegaron prácticos de Oriente que desprazaron aos cristiáns, e un século despois se adaptou a tradución oriental do [[Dioscórides]] á terminoloxía [[botánica]] de al-Andalus, grazas á colaboración do xudeu [[Hasday ibn Saprut]], do monxe [[Bizancio|bizantino]] Nicolás e do [[médico]] musulmán Ibn Yulyul.
 
* Al-Hakam fundou 27 escolas públicas nas que os eruditos ensinaban de forma gratuíta aos pobres e aos orfos a cambio de atraentes salarios, e decretou a ensinanza obrigatoria para todos os nenos.
[[Ficheiro:AndalusQuran.JPG|miniatura|250px|Volume dun [[Corán]] de [[Al-Ándalus]].]]
393.002

edicións