Roseau: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 30:
|sitio web =
}}
'''Roseau''' (''Wozeau'' en [[crioulo antillano]]; pronunciado "''Ro-zo''") é a [[Capital (política)|capital]] de [[Dominica]] e a súa cidade máis antiga e importante. Segundo o censo de 2007 ten unha poboación de 16.582 habitantes.
 
== Historia ==
A cidade de Roseau foi construída sobre un antigo asentamento [[Caribe (etnia)|caribe]] chamado '''Saïri'''. A pesar de que a illa foi descuberta por [[Cristovo Colón]] o [[3 de novembro]] de [[1493]], os primeiros europeos en lograr colonizar a illa foron os franceses. No [[século XVII]] arribaron á zona leñadores franceses que rebautizaron o lugar co nome de Roseau debido ao gran número de canas que había nas beiras do río, tamén chamado Roseau. En [[lingua francesa|francés]], ''Roseau'' significa cana. A nova colonia logrou ter a súa propia igrexa en [[1730]], o que hoxe é a catedral católica. Os [[Imperio Británico|británicos]] tomaron pola forza a cidade en [[1761]].
 
En [[1768]] a capital de Dominica foi trasladada de Porstmouth a Roseau. O enxeñeiro británico encargado de levar a cabo o traslado e de converter a Roseau na nova capital, Nathaniel Minshall, deseñou a nova cidade tomando como centro da mesma a rúa ''High Street'' e a igrexa anglicana no que entón se chamaba ''Church Savannah'', hoxe en día ''Newtown Savannah''. A cidade estaba defendida polo corpo dos ''Old Roseau Boys School'' coa súa base na praia. Como última medida para romper co pasado francés cambiouse o nome da cidade polo de '''Charlotteville''' en honra da raíña Carlota. Con todo o nome de Roseau logrou sobrevivir ao cambiou e acabou impóñendose fronte ao novo, aínda que a cidade tamén se chamaba en ocasións '''Newtown''' (''Cidade Nova'').
 
No [[século XVIII]], Roseau tan só abarcaba o que é agora o barrio do seu casco antigo, e a principios do século XXI, aproximadamente tan só unha sétima parte da poboación da cidade vive nel. Newtown e Potter's Ville, os antigos suburbios, foron creados entre finais do século XVIII e principios do [[século XIX]]. Outro suburbio, Goodwill, foi establecido nos [[anos 1950]]. Foi a partir desa década cando a cidade experimentou un maior crecemento urbanístico e demográfico coa chegada de habitantes das zonas rurais en busca de traballo.
 
Dentro do contexto das loitas franco-británicas por facerse co control do Caribe, e polo tanto, tamén de Dominica, a cidade foi destruída por un incendio en [[1781]]. E foi tomada e incendiada de novo polos franceses en [[1805]].
 
A cidade foi arrasada en [[1979]] polo furacán ''David'', polo que tivo que ser reconstruída practicamente na súa totalidade. O barrio de Bath Estate foi creado a principios dos [[anos 1980]]. Desde entón, diversas novas barriadas - como Stock Farm, Castle Comfort e Wall House - foron construídos ao redor dos xa existentes. Algúns barrios máis antigos como Fond Cole e Canefield pertencen hoxe en día ao área semiurbana que está ao redor de Roseau.
 
== Xeografía e localización ==
Roseau atópase na [[parroquia de San Xurxo]] (''Saint George''), Dominica está dividida en parroquias ou ''parish'', organización herdada da colonización francesa, a máis poboada do país, e da que tamén é a capital. Localizada a {{Coordenadas|15|18|N|61|23|W}}, atópase na costa suroeste do país. A cidade está bañada polo [[mar Caribe]], o que lle permite dispor dun importante porto, tanto para as transaccións comerciais como para a chegada de cruceiros turísticos. Está rodeada do mar Caribe e a elevación do [[Morne Bruce]], desde deonde pódese ver unha vista panorámica da cidade, sendo unha das poucas zonas chairas da zona. Roseau está situada na desembocadura do [[río Roseau (Dominica)|río Roseau]] ou río da Raíña (''Queen's''), que cruza a cidade, sendo un dos ríos máis longos que cruzan as capitais dos estados caribeños.
 
== Suburdios ==
Liña 61:
* [[Stock Farm]]
* [[Tarish Pit]]
* [[Yam Piece]]
 
== Demografía ==
Liña 67:
 
{{Demography 4col|530px|[[1985]]|[[1991]]|[[1991]]|[[2007]]
|16 000|16532|16 038|16 582}}
 
== Economía ==
Roseau exporta produtos tropicais como [[lima]]s, mollo de lima, [[aceite]]s esenciais, froitas e verduras tropicais, laranxas, [[cacao]], [[copra]] e [[especia]]s. A cidade é o principal centro comercial e [[turismo|turístico]] do país. Nela atópanse situadas a maioría das principais empresas e axencias do país, sendo a sede de numerosas empresas de turismo, e do sector terciario en xeral. Tamén serve de base para a rodaxe de películas nos numerosos escenarios naturais cos que conta a illa.
 
A maioría das entidades bancarias presentes en Dominica teñen a súa sede ou oficina en Roseau. Así, en Roseau atópase a sede do [[Banco Nacional de Dominica]] ou NBD, ''National Bank of Dominica'' -primeiro banco de Dominica-. Na cidade tamén se atopan presentes o ''The Bank of Nova Scotia'', o ''First Caribbean International Bank'', o ''Royal Bank of Canada'', o ''AID Bank'' (''Dominica Agricultural Industrial Development Bank'') e o ''Eastern Caribbean Central Bank Agency''.
 
== Arquitectura ==
[[Ficheiro:Roseau street scene.jpg|miniatura|255px|dereita|Rúa de Roseau.]]
O distrito central ou casco antigo (''Central district'') está repleto de numerosas casas de pequenas dimensións, e só uns poucos espazos verdes ábrense entre as edificacións. Mostra un estilo arquitectónico mestura de construcións modernas, sobre todo na zona do ''Bayfront'', fronte ao porto, xunto con edificios de pouca altura de estilo [[Imperio colonial francés|colonial francés]] e [[Imperio Británico|británico]], e de estilo [[crioulo]], feitas de madeira e cos seus típicos balcóns e celosías.
 
Roseau está distribuída en pequenas cuadras de edificios, sendo o tamaño das cuadras batante menor comparado co doutra capitais veciñas como [[Kingstown]] ou [[Castries]]. A cidade foi construída cunha distribución cuadriculada.
 
== Monumentos e atractivos turísticos ==
Roseau é o principal centro de turismo do país. A cidade conta con praias de area negra de orixe volcánico como un dos seus maiores atractivos turísticos.
 
Os edificios relixiosos máis representativos son o templo da [[igrexa anglicana]] de '''St. George's'''.
 
* A '''Catedral católica de Roseau''', construída sobre un outeiro con pedra volcánica, sede da diocese. A construción da catedral, de estilo [[románico]]-[[arquitectura gótica|gótico]], foi comezada sobre 1800 e terminouse en 1916. A catedral foi construída sobre unha capela de 1730 edificada polo sacerdote francés Guillaume Martel. O templo foi chamado nun principio ''Notre-Dáme du Bon Port du mouillage de Roseau'' (A nosa Señora do Bo Porto do fondeadero de Roseau), pero tras a conquista británica o nome foille cambiado.
 
{{panorama|RoseauWide..jpg|1200px|Panorama de Roseau desde o barco Cruise.}}
 
En canto a zonas verdes ou axardinadas destacan os '''Xardíns Botánicos''' e os '''xardíns da ''State House''''', sendo Roseau un caso excepcional neste sentido, xa que non é habitual que haxa espazos verdes deste tamaño en zonas tan céntricas nas outras capitais do Caribe.
 
* O '''Fort Young Hotel''': Outro dos edificios máis importantes, non só de Roseau senón de toda Dominica é o '''Fort Young Hotel'''. Trátase dun hotel no que se realizan diversas actividades culturais situado no que foi un forte francés de 1720. O forte foi tomado polos británicos en 1761 e servía para protexer o embarcadoiro. Toma o seu nome en honra de Sir William Young, gobernador de Dominica entre 1770 e 1773.
* O '''Old Market Praza''' e o '''New Market''': Na cidade hai numerosas tendas, pero os lugares de venda máis importantes son o ''Old Market Praza'', situado onde se localizaba o antigo mercado de escravos, e o ''New Market'', onde os sábados pola mañá pódense adquirir froitas e verduras da zona, e onde os venres celébrase o mercado de peixe.
 
Nas proximidades da cidade localízanse fontes termais. Outro dos seus atractivos turísticos é o mergullo con tubo na praia de ''Champagne Beach'', onde se produce un burbulleo da auga nos fondos mariños.
* O '''Old Market Praza''' e o '''New Market''': Na cidade hai numerosas tendas, pero os lugares de venda máis importantes son o ''Old Market Praza'', situado onde se localizaba o antigo mercado de escravos, e o ''New Market'', onde os sábados pola mañá pódense adquirir froitas e verduras da zona, e onde os venres celébrase o mercado de peixe.
 
A 8´9 km ao noroeste da cidade, no val do río Roseau, no pobo de Trafalgar, atópase a paraxe das fervenzas coñecidas como ''Trafalgar Falls''. Trátase do maior atractivo natural da illa. Conta con dúas fervenzas, a maior dela duns 38 metros de altura, e a segunda, duns 23 metros.
Nas proximidades da cidade localízanse fontes termais. Outro dos seus atractivos turísticos é o mergullo con tubo na praia de ''Champagne Beach'', onde se produce un burbulleo da auga nos fondos mariños.
 
AOutro 8´9dos kmatractivos aonaturais, noroesteo da''Titou cidadeGorge'', tamén no val do río Roseau, noatópase poboa deuns Trafalgar,9 atópasequilómetros aao paraxenordés dasde fervenzasRoseau, coñecidasen como ''Trafalgar Falls''Laudat. Trátase dounha maior atractivopiscina natural dana illa.base Conta con dúasdunhas fervenzas, a maior dela duns 38 metros de altura, e acuberta segunda,por duns 23 metrosvexetación.
 
OutroOutra dos atractivos naturaisfervenza, oa ''TitouEmerald Gorgepool'', tamén no val do Roseau, atópase a uns 913 quilómetros ao nordés de Roseau, en Laudat. Trátase unhadunha piscinafervenza naturalde na12 basemetros dunhase fervenzasunha episcina cubertanatural porcun vexetación.fácil acceso.
 
Numerosos turistas acoden a Roseau en busca dun bo lugar para pescar ou onde contemplar [[cachalote]]s.
Outra fervenza, a ''Emerald pool'', atópase a uns 13 quilómetros ao nordés de Roseau. Trátase dunha fervenza de 12 metros e unha piscina natural cun fácil acceso.
 
Numerosos turistas acoden a Roseau en busca dun bo lugar para pescar ou onde contemplar [[cachalote]]s.
 
=== Xardíns Botánicos ===
Os Xardíns Botánicos, coñecidos popularmente como ''the Gardens'', foron creados en [[1891]] polo goberno da [[Coroa británica]] cando Dominica aínda era parte do [[Imperio Británico]] co obxectivo de proporcionar sementes aos agricultores da illa. Este espazo semiaberto, é o único espazo deste tipo aberto aos cidadáns e visitantes da cidade, está situado no Morne Bruce e reúne unhas condicións climáticas favorables para o crecemento de plantas tropicais. En [[1889]] compraron a William Davies 40 acres duns terreos de plantacións de cana de azucre en Bath Estate, no Morne Bruce. O conservador dos xardíns, Henri Green empezou a plantación dos xardíns un ano máis tarde, en [[1890]]. En 1982 fíxose cargo dos xardíns Joseph Jones. Nos xardíns pódense diferenciar dúas zonas. A primeira delas conta con plantas ornamentais e a segunda serve para desenvolver plantas para a agricultura local. As distintas plantas dos xardíns eran traídas de todas partes do mundo, xa que este dependía do Xardín Botánico Real de Kew. Pódense ver exemplares do [[Amazona imperialis|papagaio imperial]], papagaio que só se atopa na illa. Unha das atraccións dos xardíns son os restos dun autobús que chocou cun enorme baobab, que quedou desa forma desde o paso do furacán ''David'', furacán que no transcurso de oito horas destruíu a maior parte dos xardíns e das árbores máis antigas e de maior tamaño.
 
Entre 1960 e 1970, os xardíns tiñan un dos campos de cricket con mellor reputación de todo o Caribe. Os xardíns foron visitados pola raíña [[Isabel II de Inglaterra]] e o duque [[Felipe de Edimburgo]] en [[1966]] e [[1985]]. Os xardíns son usados tamén para celebracións relixiosas, cabalgatas e desfiles e outros eventos culturais e de recreo.
Liña 112 ⟶ 111:
== Infraestruturas ==
[[Ficheiro:Roseau from the plane from Guadeloupe.jpg|miniatura|250px|esquerda|Foto aérea de Roseau na que pode verse o seu porto aberto.]]
En Roseau atópanse os edificios do goberno do país, así como os consulados estranxeiros en Dominica. A cidade conta cos tres principais portos marítimos do país, que sriven para o comercio e transporte de mercancías, e para o amarre de cruceiros turísticos ou embarcacións de recreo. O situado en ''Woodbridge Bay'' atópase a uns 2 quilómetros ao norte da cidade, mentres que o ''Roseau Ferry Terminal'' e o ''Cruise Ship Berth'' atópanse no ''Bayfront'', a pouca distancia do centro da cidade.
 
A cidade conta cos servizos do aeroporto de Canefield (DCF), situado na localidade do mesmo nome, a 5´8  km de Roseau, que permite voos rexionais. Para os voos de maior duración, Roseau sérvese do aeroporto de Melville Hall, situado ao norte de Marigot, no nordés da illa, que permite voos internacionais vía [[Antiga]], [[Barbados]], [[San Martín]], [[Guadalupe, Francia|Guadalupe]] e [[Martinica]].
 
O Hospital de Roseau, o ''Princess Margaret'', é un dos tres cos que conta o país, e conta cunha cámara hiperbárica de descompresión para posibles accidentes na práctica de submarinismo, deporte moi practicado polos turistas.
 
=== Transporte ===
A cidade conta con numerosas empresas de aluguer de vehículos e taxis, e cun servizo de autobuses e microbuses que conectan a cidade co resto da illa.
 
== Arte e cultura ==
=== Celebracións e acontecementos ===
En Roseau celébranse varios festivais e festividades, algúns deles compartidos co resto do país, outros exclusivos da cidade. Entre eles destacan o Festival mundial de mísica crioula de Dominica (''Dominica's World Creole Music Festival''), celebrado anualmente no país. [http://www.avirtualdominica.com/wcmf/wcmf05/index.html ''Dominica's World Creole Music Festival'']
 
As celebracións nacionais pola Independencia do país tamén se producen na capital. As celebracións duran catro semanas en outubro e novembro, e contan con varios días sinalados como Kwèyòl Day, Heritage Day, e National Day. Diferentes actividades como desfiles, música en vivo ou mercadillos nos Xardíns Botánicos ou noutros lugares serven para amenizar as celebracións.
 
=== Museos ===
O '''Museo da Dominica''' (''Dominica Museum''), situado na antiga oficina de correos e xunto ao ''Old Market'', o antigo mercado de escravos, onde se mostra historia e a vida na illa desde o período colonial ata a actualidade, así como a historia xeolóxica da illa, e o '''Vitoria Memorial Museum''', son as principais ofertas culturais da cidade.
 
=== Deportes ===
En Roseau celébranse os acontecementos deportivos máis importantes do país. Así, a [[selección de fútbol de Dominica]] disputa os seus partidos como local no estadio de ''Windsor Park'', con capacidade para 6.000 espectadores. Un dos principais deportes, o cricket, conta cun terreo de xogo nos mesmos Xardíns Botánicos, sendo este un dos principais do país.
 
Roseau serve de base para a celebración dalgunhas das actividades do ''Dominica's Dive Fest'', organizado pola ''Dominica Watersports Association''.
 
=== Educación ===
A [[Universidade das Indias Occidentais]] (''The University of the West Indies'') ten un centro en Roseau, o ''The Dominica University Centre''.
 
=== Relixión ===
A poboación de Roseau é maioritariamente [[Cristianismo|cristiá]] e na cidade conviven tanto [[Catolicismo|católicos]], como [[Anglicanismo|anglicanos]] e [[Metodismo|metodistas]]. Roseau é a [[sede episcopal]] da [[Diocese de Roseau|diocese católica de Roseau]], que engloba a toda Dominica ademais das illas próximas de [[Illa Montserrat|Montserrat]], [[Illa Antiga|Antiga]], [[Saint Kitts]], [[Santa Cruz, Illas Virxes|Saint Croix]] e [[San Tomé, Illas Virxes|Saint Thomas]]. É parte da [[arquidiocese]] de [[Port of Spain|Porto España]] en [[illa Trindade|Trindade]], habendo sido declarada diocese separada desta en [[1850]] polo [[Papa]] [[Pío IX]].
 
== Medios de comunicación ==