Xogos Olímpicos de 1984: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
m Arranxos varios using AWB
Liña 29:
Os '''[[Xogos Olímpicos]] de [[1984]]''' foron realizados na [[cidade]] dos [[Os Ánxeles|Ánxeles]], [[Estados Unidos de América|EUA]], entre o [[28 de xullo]] e [[12 de agosto]] de [[1984]], sen a participación dos países da [[Europa Oriental]], liderados pola [[URSS]], ademais de países comunistas como [[Cuba]], [[Corea do Norte]] e [[Etiopía]], en resposta ó boicot liderado polos norteamericanos ós [[Xogos Olímpicos de 1980|Xogos de Moscova]], realizados catro anos antes.
 
A pesar do boicot, que prexudicou o nivel técnico de varias modalidades dominadas polos europeos do leste e polos cubanos, [[Os Ánxeles]] –candidata única á realización destes Xogos, debido ó receio xeral provocado polos grandes prexuízos económicos sofridos por [[Montreal]] nos seus [[Xogos Olímpicos de 1976]]- recibiu a presenza dun número récord de atletas, 6.829 (1566 mulleres, outro récord) de 140 países e foi cuberto por máis de 9.000 xornalistas de todo mundo.
 
A rica e suntuosa cerimonia de apertura, oficialmente feita polo presidente [[Ronald Reagan]], un nativo do estado de [[California]], sede dos Xogos, ocorreu no mesmo estadio olímpico, o ''Memorial Colyseum'' completamente remodelado, onde foron realizados xa os [[Xogos Olímpicos de 1932]] e contou coa emoción da entrada da chama olímpica cargada pola neta de [[Jesse Owens]], o máis emblemático dos heroes olímpicos americanos e gran nome dos [[Xogos Olímpicos de 1936]] de [[Berlín]], alén da inesquecible participación do home-foguete, nunha demostración da [[tecnoloxía]] dos anfitrións.
Liña 42:
{{Curiosidades}}
* Estas foron as Olimpíadas do velocista americano [[Carl Lewis]], figura máis popular dos Xogos, que igualou a marca de [[Jesse Owens]] en [[1936]], conquistando catro medallas de ouro nos 100, 200 e relevo 4x100m, ademais do [[salto de lonxitude]].
 
* [[China]], [[país]] máis poboado do [[Terra|mundo]], participou por primeira vez nos [[Xogos Olímpicos]], conquistando o total de 15 medallas de ouro, despois de conseguir oficialmente do [[COI]] que a [[República da China]] (Taiwán), a illa ex-integrante da [[China]] que vivía baixo réxime [[capitalista]], tivese a designación olímpica de [[China Taipei]] e non de república independente.
 
* [[Os Ánxeles]] viu a estrea da [[maratón (atletismo)|maratón]] feminina, gañada pola [[Estados Unidos de América|norteamericana]] ''Joan Benoit''.
 
* A [[natación sincronizada]], a [[ximnasia rítmica]] e o [[windsurf]] na [[Vela (deporte)|vela]], tamén fixeron a súa estrea nos Xogos.
 
* [[Romanía]] foi o único país [[Comunismo|comunista]] do [[Telón de aceiro]] que participou das competicións nos [[Os Ánxeles|Ánxeles]], conseguindo un récord de 53 medallas, 20 delas de ouro, na mellor presentación olímpica da súa historia até hoxe.
 
* O goberno de [[California]] construíu unha terminal totalmente nova no [[Aeroporto]] Internacional dos [[Os Ánxeles|Ánxeles]], só para recibir os atletas, dirixentes e [[xornalista]]s presentes, o ''Tom Bradley International Terminal''.
 
* ''Nawal El Moutawakel'', de [[Marrocos]], tornouse a primeira campioa olímpica [[musulmán]], ó vencer a proba feminina dos 400m c/barreiras, modalidade nova nos Xogos.
 
* O [[Gran Bretaña|británico]] [[Sebastian Coe]] tornouse o primeiro e único atleta olímpico en repetir unha vitoria nos [[1500 metros]] do [[atletismo]].
 
* Os países que boicotearon esta [[Olimpíada]] organizaron á vez outra competición de alto nivel chamada [[Xogos da Amizade]].
 
* Por primeira vez un atleta [[parapléxico]] participou oficialmente nos Xogos, coa arqueira ''Neroli Fairchall'' disputando probas no [[tiro con arco]].
 
* En [[baloncesto]] os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] encabezados por [[Michael Jordan]] e Pat Ewing non tiveron problemas para gañar o ouro. Na final derrotaron a [[España]], que levou a prata. Bronce foi [[Iugoslavia]].