Simplificación da escritura chinesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Ligazóns externas: corrixo *deficuldades
m Arranxos varios using AWB
Liña 10:
Por unha banda, o chinés clásico (文言 ''wényán'') era unha lingua totalmente diferente da lingua vernácula (白話 ''báihuà'') que se falaba, e fórase impondo a idea, alentada por intelectuais como [[Hu Shih]], de que debía definirse unha nova lingua padrón baseada no idioma falado. En paralelo a esta defensa dunha lingua nacional máis achegada á linguaxe cotián, houbo tamén intelectuais que adoptaron unha postura aínda máis radical, defendendo que o [[sistema de escritura]] en sí debía ser abolido ou reformado. Algúns, como o escritor [[Lu Xun]], chegaron a propór a adopción do alfabeto latino para o chinés. Para estes intelectuais, o sistema de escritura chinés, cos seus milleiros de caracteres, supuña unha traba para o progreso tecnolóxico da China, debido a que os nenos na escola debían inverter moitos anos de estudo para chegar a dominar a [[escritura]], o cal sería motivo de retraso na aprendizaxe doutras disciplinas.
 
A pesar do ímpeto das ideas revolucionarias da época, a posibilidade de romanizar o idioma nunca estivo preto de volverse realidade xa que, por un lado, convertería en analfabetos a quen xa sabían ler e escribir, que terían que aprender un novo sistema, e, por outro, o apego dos chineses ao seu sistema de escritura facía difícil a aceptación dunha reforma tan radical. Esta segunda razón é talvez a máis importante, pois en vietnamita e en coreano, as outras dúas linguas que se escribían con caracteres chineses, o uso dos caracteres foi abolido, case na súa totalidade, ao longo do s. XX.
 
Fronte ao camiño radical seguido por vetnamitas e coreanos, en China, como en Xapón, acabaríase impondo a idea máis conservadora de modificar gradualmente o sistema de escritura substituíndo as formas normativas dalgúns caracteres de uso moi frecuente por outras máis simples. A este proceso llese chamou '''simplificación dos caracteres chineses''' (漢字簡化 /汉字简化 ''hànzì xiǎnhuà''). Nótese que a "simplificación" refírese a unha redución do número de trazos. Como se comenta máis adiante neste artigo, non está claro en absoluto que ditos caracteres con menor número de trazos sexan máis doados de aprender que os caracteres tradicionais.
Liña 20:
==A simplificación dos caracteres na República Popular==
 
Tras a proclamación da República Popular China por [[Mao Zedong]] en [[1949]], o novo goberno comunista, á par que continuaba a política do KMT de promoción dunha lingua nacional baseada no dialecto pequinés, retomou o plan de reformar a escritura. En [[1955]] organizouse o Congreso Chinés para a Reforma da Escritura (中國文字改革委員會 ''Zhōngguó Wénzì Gǎigè Wèiyuánhuì''), do cal sairía un comité que un ano máis tarde, en [[1956]], publicaría a primeira lista de caracteres reformados que establecía novas formas normativas para 515 caracteres e 54 compoñentes de caracteres. A esta lista de caracteres chamouna “Plan de simplificación dos caracteres chineses” (漢字簡化方案 ''hànzì xiǎnhuà fāng'àn''). Os caracteres simplificados foron obxecto de críticas e rexeito durante o período de apertura das [[Cen Flores]], mais nos anos 60, coa radicalización da política revolucionaria e o fervor dos ataques á cultura antiga imporíase o uso dos novos caracteres. Á lista de [[1956]] engadiríanse moitos máis caracteres en [[1964]], coa publicación da “Táboa xeral de caracteres simplificados” (簡化字總表 ''xiǎnhuà zì zǒng biǎo''). Este proceso de reforma non se consideraba aínda completo. De feito, acostúmase dicir que había quen vía a simplificación como unha fase provisional previa á adopción do alfabeto latino co sistema [[pinyin]].
 
O proceso de simplificación continuou, en efecto, e en [[1977]] publicouse o Segundo Plan de Simplificación dos Caracteres Chineses (Proxecto) (第二漢字簡化方案 [草案] ''dì'èr hànzì xiǎnhuà fāng'àn [cǎo'àn]''). Esta segunda parte da reforma non chegou a ter éxito, e en [[1986]] fíxose a última revisión do sistema, na que se aboliu por completo o segundo plan, e fíxose algún cambio mínimo na lista de [[1964]].
Liña 50:
 
*Os defensores dos caracteres simplificados argumentan que os caracteres simplificados son moito máis doados de memorizar, de ler e de escribir debido ao seu menor número de trazos. Este foi o argumento orixinal que motivou a reforma. Na seguinte sección do artigo expóñense varias críticas a este enfoque.
 
*Ademais, os caracteres simplificados son moito máis rápidos de escribir a man. Aínda que esta idea parece indiscutíbel, os detractores afirman que as formas simplificadas poden ser útiles na escritura manuscrita de tipo persoal, do mesmo xeito que se en galego se escribe "q" por "que" ou "tm" por "tamén" en notas persoais, pero esta rapidez na escritura manuscrita non sería un argumento válido para substituír as formas tradicionais na escritura impresa ou en formato electrónico.
 
===En contra===
 
*Os detractores da simplificación argumentan que os caracteres chineses son unha parte fundamental da cultura chinesa, nunha forma que permanecera a basicamente inalterada ata a reforma levada a cabo pola República Popular. En contra da propaganda das autoridades do Continente, que a miúdo presentaron a reforma como un simple exercicio de estandarización de formas populares tamén antigas, os detractores apuntan o feito de que unha gran parte dos caracteres simplificados son formas inventadas ou marxinais. Os caracteres tradicionais representarían as formas ortodoxas dos caracteres chineses tal como foron legados por unha tradición cultural milenaria. Os defensores da simplificación responden con que toda lingua evoluciona. Do mesmo xeito que o mandarín falado hoxe en día é moi diferente da lingua vernácula de hai varios séculos, non habería nada malo en reformar o sistema de escritura para facelo máis manexábel e sinxelo na sociedade actual.
 
*Tamén hai persoas que argúen que os caracteres simplificados son feos en comparación cos tradicionais. Esta idea, porén, é moi subxectiva. Outros responden que son os caracteres tradicionais os que resultan máis feos por unha recarga excesiva de trazos.
 
*Moitos chineses educados no sistema tradicional consideran que os caracteres simplificados son máis difíciles de diferenciar porque, ao contar con menos trazos, abundan os parecidos entre caracteres que orixinalmente eran moi distintos. Por exemplo, os caracteres 广 e 厂 (''guǎng'' e ''chǎng'', respectivamente) diferéncianse só por un pequeno trazo na súa forma simplificada, mentres que nas súas versións tradicionais, 廣 e 廠, son moito máis doados de distinguir. Hai moitos exemplos similares.