Ostra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 26:
}}
 
O nome de '''ostra''' é usado para grupos diferente de [[molusco]]s que medran maiormente en augas mariñas. As ostras verdadeiras pertencen á orde [[Ostreoida]], familia [[Ostreidae]].
 
Algunhas subespecies son capaces de producir [[perla]]s no transcurso do tempo, que se forman a partir de partículas que se sedimentan na ostra. Existen diferentes tipos de perla dependendo do sedimento acumulado.
Liña 36:
 
== Características ==
As ostras teñen un corpo brando, protexido dentro dunha [[cuncha]] altamente calcificada, pechada por fortes músculos adutores.
 
As ostras son moluscos filtradores, que succionan a auga co bater de [[cilio]]s. O [[plancto]] e as partículas suspendidas do alimento quedan atrapadas no [[moco]] e son inxeridas. A actividade de alimentación é maior nas ostras cando as temperaturas da auga están sobre 10 °C. Estímase que cada ostra filtra ata cinco litros de auga por hora.
 
Un [[corazón]] pequeno con tres cámaras, debaixo do músculo adutor, bombea o sangue, coa súa fonte de osíxeno, a todas as partes do corpo. Ao mesmo tempo dous riles situados na superficie inferior do músculo purifican o [[sangue]] de calquera residuo.
 
As ostras teñen sexos separados, pero poden cambiar o sexo unha ou máis veces durante a súa vida. As [[gónada]]s, órganos responsábeis de produciren os ovos e o esperma, rodean os [[órgano]]s dixestivos. Non hai xeito de diferenciar as ostras masculinas das femininas examinando as súas cascas.
 
== Galería de imaxes ==