Carlo Collodi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *escreber e outros
m →‎Traxectoria: Arranxos varios using AWB
Liña 15:
 
== Traxectoria ==
Procedía dunha familia humilde. O seu pai era cociñeiro e a súa nai serventa doméstica. Puido estudar grazas á axuda da familia Gironi Garzoni.
 
De [[1837]] até [[1842]] estivo nun seminario, en [[Colle di Val d'Elsa]], con idea de instruírse e facerse sacerdote. Logo deixouno e recibíu leccións de filosofía. Pasou posteriormente a traballar nunha librería. En [[1848]], aínda novo, participou na guerra no [[Piemonte]], no Norte de Italia, contra os austro-húngaros
Liña 23:
En [[1856]] escribiu un artigo no que usou por primeira vez o pseudónimo ''Collodi'', que corresponde a un lugar de [[Pescia]], da que era orixinaria súa nai. Dese mesmo ano datan as primeiras obras significativas que publicou: ''Gli amici di casa'' e ''Un romanzo in vapore. Da Firenze a Livorno. Guida storico-umoristica''.
 
Tres anos máis tarde participou nas nova loita polo ''Risorgimento'' ou da [[independencia italiana]] en [[1859]]. Fíxose xornalista xa en maio de [[1860]]. Escribiu algunhas novelas e pezas teatrais, que non tiveron grande éxito.
 
A partir de [[1875]] Carlo Collodi comezou a escribir [[literatura infantil]], adaptando os ''Contos'' de [[Charles Perrault]], e outros autores, en [[lingua italiana|italiano]].
 
Premido por débedas de xogo, principiou a escribir ''Pinocchio'' en [[1881]], que foi aparecendo como folletín no ''Giornale per i bambini'' até [[1883]]. O relato abríulle as portas do éxito, mais Collodi non volvería a atopar xamais unha inspiración similar para obras posteriores. En [[1877]] publicou ''Giannettino'', e, en 1878, ''Minuzzolo''. En 1883 publicou "Pinocchio" como libro, e no mesmo ano pasou a ser o director do ''Giornale per i bambini''. Carlo Collodi faleceu repentinamente; foi sepultado no cemiterio de [[San Miniato al Monte]] de Florencia.
Liña 31:
Un dos seus sobriños, Paolo Lorenzini, tamén escritor, lograría unha certa celebridade, especialmente nos Estados Unidos, mercé a fama do tío, adoptando o pseudónimo de [[Collodi Nipote]].
 
{{ORDENAR:Collodi, Carlo}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Collodi, Carlo}}
[[Categoría:Escritores en lingua italiana]]
[[Categoría:Escritores de Italia]]