Lingua irlandesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 24:
 
== Denominación da lingua ==
As denominacións máis habituais son '''gaélico irlandés''' ou, simplemente, '''irlandés'''. A primeira permite distinguila das variantes faladas en [[gaélico escocés|Escocia]] e [[gaélico de Manx|Manx]], mais a segunda é a preferida polos irlandeses e é a que figura na Constitución da República de Irlanda. Para algúns, incluír "gaélico" no nome fai referencia a un pasado demasiado remoto e non actual, mentres que para outros utilizar só "irlandés" é como identificar ser irlandés con ser gaélico. Na Irlanda actual o termo '''gaélico''' fai referencia aos deportes irlandeses ([[hurling]], fútbol gaélico) e non á lingua.
 
No padrón oficial da lingua, ''Caighdeán Oifigiúil'', o nome é '''Gaeilge''', que reflicte a pronuncia {{IPA|/ˈgeːlʲgʲə/}} do dialecto do sur ([[Connacht]]). Con anterioridade á reforma ortográfica de [[1948]], esta forma escribíase '''Gaedhilge''', orixinariamente o [[xenitivo]] de '''Gaedhealg''', que é a forma utilizada en irlandés moderno clásico. Tamén se escribiu '''Gaoidhealg''' en irlandés medio e '''Goídelc''' en irlandés antigo.
Liña 88:
As diferenzas entre dialectos son notábeis e teñen provocado dificultades á hora de definir o irlandés normativo. Mesmo frases cotiás poden mostrar unha sorprendente variabilidade dialectal. O exemplo máis común é "Como estás?":
* Ulster: ''Cad é mar atá tú?'' ("Que é como estás ti?" Nota. ''caidé'' ou ''goidé'' e, as veces, ''dé'' son variantes de ''cad é'')
* Connacht: ''Cén chaoi a bhfuil tú?'' ("De que maneira [[é]] que estás ti?")
* Munster: ''Conas taoi?'' ou ''Conas tánn tú?'' ("Como estás ti?")
* Irlandés normativo: ''Conas atá tú?'' ("Como estás ti?")
Liña 112:
Tamén se pode engadir "está en el/ela", especialmente ao utilizar un adxectivo, cando se quer enfatizar a calidade:
:''Is fear láidir atá '''ann'''.'' "É un home forte."
: (Literalmente: "É un home forte que está en el.")
 
:''Is cailín álainn atá '''inti'''.'' "É unha rapaza linda."
Liña 176:
** ''margadh'' "mercado", "oferta" - ''Tadhg an mhargaidh'' "o home común" (literalmente "Timoteo do mercado" (a lenición marca o caso xenitivo dun substantivo masculino)
** ''Seán'' "Xoán" - ''a Sheáin!'' "Ó, Xoán!" (a lenición é parte do caso [[vocativo]] - de feito, a lenición do vocativo resulta do ''a'')
 
* Nasalización (''urú'' "eclipse") cubre a sonorización das oclusivas xordas, así como a verdadeira nasalización das oclusivas sonoras.
** ''athair'' "pai" - ''ár nAthair'' "O Noso Pai"
Liña 187 ⟶ 186:
 
=== O movemento irlandés pola lingua ===
O irlandés era a lingua máis falada na illa de Irlanda até o [[século XIX]]. A primeira [[Biblia]] traduciuna [[William Bedell]], [[bispo]] da [[Igrexa de Irlanda]] en [[Kilmore]] no [[século XVII]].
 
A combinación da introdución do sistema educativo de [[educación primaria|primaria]], no que se prohibía o uso do irlandés e só se ensinaba o inglés, e a [[Gran Fame]] (''An Gorta Mór'') de mediados do [[século XIX]], que afectou especialmente aos habitantes das zonas máis pobres, acelerou o seu declinio. Os líderes políticos, como [[Daniel O'Connell]], eran críticos coa lingua, que vían como "reaccionaria". Os relatos contemporáneos mostran aos pais desaconsellándolles aos fillos que falasen irlandés e animándoos a empregar o inglés. Esta práctica continuou após a independencia e o estigma relacionado con falar irlandés mantívose forte. A pesar do intento de sucesivos gobernos irlandeses de promover a lingua, o seu declinio de falantes nativos dentro mesmo dos Gaeltacht tense acelerado, se ben o número dos que a saben falar no resto do país ten aumentado.
 
O movemento inicial de defensa da lingua partiu dos [[protestante]]s irlandés, como o lingüista e relixioso [[William Neilson]] a finais do [[século XVIII]]. O maior pulo deuse coa fundación da [[Liga Gaélica]], ''Conradh na Gaeilge'', por [[Douglas Hyde]], que deu lugar ao [[Renacemento Gaélico]]. Entre os seus defensores estaban [[Patrick Pearse]] e [[Éamon de Valera]]. O interese no rexurdimento coincidiu con outros renacementos culturais, como a fundación da [[Asociación Atlética Gaélica]] e o incremento na representación de obras de teatro sobre Irlanda en inglés por autores como [[William Butler Yeats]], [[J.M. Synge]], [[Sean O'Casey]] e [[Lady Gregory]], co seu lanzamento do [[Teatro Abbey]].
 
Aínda que os autores do Teatro Abbey escribisen en inglés (e, de feito, a algúns desagradáballes o irlandés), a lingua influenciounos. A versión do inglés falada en Irlanda mantén semellanzas con modismos gramaticais irlandeses, o que se observan claramente nas obras de Yeats, [[George Bernard Shaw]], [[Oscar Wilde]] e máis recentemente [[Seamus Heaney]], [[Paul Durcan]], [[Dermot Bolger]] e moitos outros.