Diferenzas entre revisións de «Perieco»

m
Arranxos varios using AWB
m (engado a Categoría:Grecia antiga mediante HotCat)
m (Arranxos varios using AWB)
Crese que os '''periecos''' eran os habitantes das cidades costeiras e dalgúns asentamentos terra dentro de [[Laconia]] conquistados polos [[Esparta|espartanosesparta]]nos, pero non reducidos á condición de [[ilotas]]. Eran persoas libres que gozaban de certos dereitos, excepto dos políticos.
 
== Condicións de vida ==
A terra onde habitaban era alleábel: susceptíbel de compra e venda, pois non pertencía ao estado. Segundo fose a localización dos asentamentos variaban as súas actividades. As principais eran a artesanía e o comercio, daquela a agricultura e a gandaría. Inclusive podían participar nos [[Xogos Olímpicos da Antigüidade|Xogos Olímpicos]] e posuír [[Escravitude|escravos]].
 
Os núcleos de poboación dos periecos chegaron a desenvolver certa autonomía. Estaban suxeitos ao control de maxistrados espartanos, os ''[[Harmosta|harmostasharmosta]]s.'' Había vinte harmostas, un por cada división do territorio perieco.
 
== Obrigacións ==
Aos individuos desta clase social, o Estado impúñalles varias obrigacións, fundamentalmente no servizo militar: debían proporcionar continxentes de [[Hoplita|hoplitashoplita]]s, que combatían xunto aos espartanos, aínda que en unidades separadas. Tamén integraban a tripulación da escasa mariña espartana e o persoal de manufactura dalgúns artigos. Así mesmo estaban suxeitos a pago de tributos (os mesmos que achegaban os cidadáns espartanos).
 
Non podían casar con espartanas. Non se atopa rexistrada algunha rebelión ou sublevación protagonizada por periecos. Por iso inférese que a súa posición no Estado espartano era levadía.
 
Vivían en comunidades de organización autónoma en Laconia, ao redor dos lugares ocupados polos espartiatas, en [[Cinura]], na [[illa de Citera]] e en [[Mesenia|Mesenia.]]. Incluso podían desempeñar cargos de importancia e responsabilidade, como o perieco Diníada, que aparece ao mando dunha embarcación da frota peloponesia. Probabelmente eran descendentes de poboacións locais sometidas polos dorios.
 
[[Categoría:Grecia antiga]]
393.002

edicións