Panateneas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 6:
Por outra banda, e cada catro anos, celebrábanse as '''Grandes Panateneas''' que duraban catro días máis que as anuais e que eran as máis prestixiosas e apreciadas polos cidadáns de Atenas, similares, en importancia, aos [[Xogos Olímpicos da Antigüidade|Xogos Olímpicos]] ou os [[Xogos Panhelénicos]]. Ademais había desfiles militares desde o [[Cerámico]] até a [[Acrópole]] pasando pola [[Ágora]].
 
As primeiras Grandes Panateneas instaurounas [[Pisístrato]] en [[-566]] inspirándose nos Xogos Olímpicos, pero engadiulles certames de poesía e música (presentes nos [[Xogos Nemeos]]). Os xogos propiamente ditos dividíanse en dous: uns para os atenienses, que comprendían as artes, e outros abertos para todos os gregos. Estes últimos eran parecidos aos Xogos Olímpicos, incluíndo [[boxeo]], [[loita]], [[pancracio]] (forma de loita grega), [[pentatlón]] e carreiras de [[Cuadriga|cuadrigascuadriga]]s, sendo estas as probas de máis prestixio. O vencedor das carreiras era premiado cunha coroa de follas de oliveira e 140 ánforas panatenaicas de [[aceite de oliva]] procedentes das oliveiras sacras de Atenas. As ánforas estaban cinceladas por unha banda coa imaxe da deusa e polo outro cun gravado do vencedor da proba.
 
Os xogos reservados aos atenienses eran algo diferentes. Incluían unha carreira con fachos desde o santuario da [[Academia de Atenas|Academia]], nos arredores da muralla, onde no seu altar se acendían as mesmas, até o [[Partenón]] (predecesoras das substitucións de facho dos Xogos Olímpicos modernos), batallas de infantaría e cabalaría, un lanceiro de xavelina dacabalo, os ''apobotai'' (unha carreira de cuadrigas, na que o condutor debía saltar do carro, correr á beira do mesmo e despois volver incorporarse ao carro), a ''pyrriche'' (aparentemente exercicios militares con música) e o ''euandrion'' (un concurso de beleza entre os atletas).