Asclepio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m elimino a Categoría:Relixión grega mediante HotCat
m →‎Traxectoria: Arranxos varios using AWB
Liña 5:
Era tido por fillo de [[Apolo]] e de [[Coronis]] (filla de [[Flexias]], rei dos [[lapitas]]). Asclepio representa o aspecto curativo das artes médicas, mentres as súas fillas [[Aceso]], [[Iaso]], [[Hixia]], [[Aglaea]] e [[Panacea]] (literalmente "que todo o cura") simbolizan o poder da limpeza, da menciña e da saúde.
 
Podía aparecer representado como unha simple [[serpe]] ou [[cobra]]; porén a representación máis frecuente era a dun home barbado, cuberto cun manto que deixaba un ombro ao aire, portando na man esquerda un [[Caxato de Asclepio|caxato]], arredor do cal se enrosca unha serpe, figuración que por veces é confundida co [[caduceo]] de [[Hermes]]. En ocasións figura aos seus pés un [[galiña|galo]], símbolo da [[vixilancia]].
 
Asclepio aprendeu a ciencia da curación so guía do [[centauro]] [[Quirón]], que lle ensinou todos os secretos das plantas. Como médico acompañou aos [[argonautas]] na busca do [[vélaro de ouro]]. Mais Asclepio superaría ao seu mestre, pois non só sandaba, senón que mesmo comezou a resucitar os mortais. Tamaña ousadía tróuxolle a animadversión do deus do ultramundo, [[Hades]]. En castigo, un lóstrego lanzado por [[Zeus]] acabou con a súa vida. A súa tumba colócase en [[Epidauro]], sobre a que se ergue un templo.