Estación de Córdoba: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Renfe_clase_100.JPG|miniatura|250px|Tren [[AVE]] na estación de Córdoba-Central]]
A estación de '''Córdoba''', chamada anteriormente '''Córdoba-Central''', é unha estación de pasaxeiros situada na cidade [[andalucía|andaluza]] de [[Córdoba, España|Córdoba]]. Tanto a estación de pasaxeiros como a de mercancías da cidade, son estacións de referencia do sur peninsular polo seu alto tráfico e o súa gran capacidade de conexións co resto do país. Conta con paradas de [[autobús]] e [[taxi]]s que facilitan o acceso aos viaxeiros a calquera punto da cidade.
 
Ata Córdoba chega a liña de ferrocarril convencional que une [[Madrid]] co sur peninsular, tendo na cidade a separación da liña que leva ata [[Málaga]] e [[Alxeciras]]. A outra liña continúa cara a [[Sevilla]], onde se separa á súa vez cara a [[Cádiz]] ou [[Huelva]]. Tamén chega ata Córdoba a liña de [[Alta Velocidade Española|AVE]], bifurcándose cara a Sevilla ou cara a Málaga e [[Granada]].
 
Está situada na Praza das Tres Culturas, cun acceso fácil pola [[Rolda Oeste de Circunvalación de Córdoba]].
 
A estación de Córdoba foi construída para facilitar o acceso a Andalucía cun tren de alta velocidade, que se comezou a fraguar polo goberno español en [[1986]] cando decidiron construír o [[Novo Acceso Ferroviario a Andalucía]] ([[NAFA]]) en ancho internacional para circular a alta velocidade como xa existía noutros países.
 
Durante a súa construción, apareceron restos arqueolóxicos que quedaron parcialmente destruídos. A antiga estación de [[Cercadilla]] quedou en desuso (actualmente é a sede de [[Radio y Televisión de Andalucía|RTVA]] provincial).
 
A estación posúe catro vías con ancho internacional especial para os trens de [[alta velocidade]] e outras catro de ancho ibérico para os servizos de [[Media distancia Renfe]] e longo percorrido por ancho ibérico.
 
Córdoba tamén conta cos apeadoiros de [[Rabanales]], [[El Higuerón]] e [[Villarrubia]], os cales (fóra de [[Rabanales]]) non están en uso. Espérase a continuación do seu servizo coa posta en marcha da liña de [[Proximidades]] de Córdoba.
 
== Impacto da estación e a alta velocidade ==
A chegada da alta velocidade a Córdoba supuxo o soterramento das vías de tren que dividían á cidade en dúas. Isto supuxo a liberación de máis de 42 hectáreas de terreo en pleno centro da cidade, onde foron a establecerse oficinas, vivendas e locais de lecer.
 
O soterramento das vías supuxo tamén a integración e recuperación de barrios marxinais, ao eliminar a barreira que supuña as vías do tren. Ademais, a chegada da alta velocidade outorgoulle a Córdoba maior dinamismo económico.
 
== Trens e liñas ==
 
=== [[Media distancia Renfe]] ===
Córdoba é cabeceira da liña de [[Media Distancia]] [[Córdoba, España|Córdoba]]-[[Bobadilla, Antequera|Bobadilla]], [[Córdoba, España|Córdoba]]-[[Sevilla]] e [[Córdoba, España|Córdoba]]-[[Xaén]]. É intercambiador de tráfico das liñas de [[Media Distancia]] de [[Alta Velocidade Española|alta velocidade]] ([[Avant]]) a [[Sevilla]] e a [[Málaga]].
 
{| class="wikitable left"
Liña 31:
|-
| [[Renfe Avant|Avant]] || [[Estación de Sevilla - Santa Justa|Sevilla-Santa Justa]] || [[Estación de Málaga - María Zambrano|Málaga-María Zambrano]] || vía [[Novo Acceso Ferroviario a Andalucía|N.A.F.A.]] e [[L.A.V.]] [[Córdoba, España|Córdoba]]-[[Málaga]]
|}
 
=== Longo Percorrido ===
En orde de importancia atópanse os trens [[Alta Velocidade Española|AVE]], que representan a maioría do tráfico de longa distancia, especialmente por mor da inauguración da L.A.V. Córdoba-Málaga co que Córdoba conta cun AVE a Madrid cada media hora, pois en Córdoba conflúen os trens AVE procedentes de Sevilla Santa-Justa e Málaga María-Zambrano. Por Córdoba tamén circulan os dous trens [[Altaria]] que usan o N.A.F.A., o [[Tren Arco|Arco ''García Lorca'']] con destino [[Estación de Sants|Barcelona]] pola rede de ancho ibérico xuntándose en Córdoba co procedente de Málaga-María Zambrano e os dous trens [[Trenhotel]] que une Cádiz con Barcelona-Sants e Málaga-María Zambrano con Barcelona-Sants.
 
{| class="wikitable left"