Liña de alta velocidade Valladolid-Palencia-León: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 2:
A '''liña de alta velocidade Valladolid-Palencia-León''' é unha [[liña de alta velocidade]] que se estende entre a [[estación de Valladolid-Campo Grande]] e a [[estación de León]] pasando pola [[estación de Palencia]]. Constitúe parte do ramal norte/noroeste do ferrocarril de alta velocidade de [[España]] e inaugurouse o [[29 de setembro]] de [[2015]], estando operativa para viaxeiros desde o día seguinte.<ref>{{Cita Web|url=http://economia.elpais.com/economia/2015/09/29/actualidad/1443507491_512879.html |título=O AVE chega a Palencia e León despois dun investimento de 1.620 millóns de euros.|data=29 de setembro de 2015|editor=[[El País]]|dataacceso=27 de xuño de 2016}}</ref>
 
O trazado foi deseñado de acordo coas especificacións técnicas de interoperatibilidade da [[Unión Europea]] para liñas ferroviarias de alta velocidade. Cunha lonxitude total de 166,141 &nbsp;km e un novo trazado de 165,217 &nbsp;km (desde o cambiador clausurado de San Isidro, en [[Valladolid]]), consta de plataforma para vía dobre con [[Largo internacional|ancho estándar]] (1435 &nbsp;mm), con tramos de vía dobre (80,967 &nbsp;km) e outros de vía única (84,250 &nbsp;km), e será apta para unha velocidade máxima de 350 &nbsp;km/h.
 
Con esta liña dáse continuidade á [[Liña de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid|LAV Madrid-Segovia-Valladolid]] e fai posible as futuras conexións cara a [[Asturias]], [[Cantabria]] e [[Euskadi]].