Cambridge, Massachusetts: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Corrección ortográfica nunha nota.
m Arranxos varios using AWB
Liña 2:
[[Ficheiro:Charlesrivermap.png|miniatura|Mapa de situación das cidades veciñas de Cambridge e Boston, unha a cada beira do río Charles.]]
[[Ficheiro:Harvard river houses 2008 aerial view.jpg|miniatura|Fotografía aérea do distrito histórico de Harvard House, ao pé do río Charles, en Cambridge, coñecido comunmente como "as casas do río".]]
'''Cambridge''' é unha [[cidade]] situada no [[Condado de Middlesex, Massachusetts|condado de Middlesex]] no estado de [[Massachusetts]], [[Estados dos Estados Unidos de América|Estados Unidos]].<ref>''[http://www.usa.com/cambridge-ma.htm Cambridge]''. En Lo''cal Data Search. USA.com''</ref> No [[censo]] de 2010 tiña unha poboación de 105.162 habitantes e unha [[Densidade de poboación|densidade poboacional]] de 5.713,94 persoas por km².<ref>''[http://geonames.usgs.gov/apex/f?p=gnispq:3:0::NO::P3_FID:619396 City of Cambridge]''. ''Geographic Names Information System'' (GNIS).</ref> Segundo a [[Oficina do Censo dos Estados Unidos]], Cambridge ten unha superficie total de 18,4 &nbsp;km², dos que 16,54 &nbsp;km² corresponden a terra firme e 1,87 &nbsp;km² (o 10,15 %) é auga.<ref>''[http://factfinder.census.gov/faces/tableservices/jsf/pages/productview.xhtml?pid=DEC_10_SF1_GCTPH1.ST10&prodType=table American Fact Finder]''. ''United States Census Bureau''.</ref>
 
Cambridge é coñecida por ser a cidade sede da [[Universidade Harvard|Universidade de Harvard]] e do [[Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts|Instituto Tecnolóxico de Massachusetts]] (MIT). 
 
== A cidade ==
A [[poboación]] de Cambridge é moi diversa. Os seus residentes, coñecidos como "cantabrigians" (adaptado ao galego sería "cantabriguense"), van desde distinguidos [[Profesor|profesoresprofesor]]es do MIT e de Harvard a familias de [[clase obreira]], pasando por [[Inmigración|inmigrantes]] de todo o mundo. A primeira unión civil entre persoas do mesmo sexo nos Estados Unidos realizouse na sede da [[Concello|municipalidade]] de Cambridge (''Cambridge City Hall'').
 
Esta diversidade contribúe a un ambiente liberal e pode ser comparado con [[Berkeley]], [[California]], nalgúns aspectos. Isto, xunto coas históricas protestas estudantís e un rexeitamento ao control legal das rendas de arrendamento, valeulle a sarcástica denominación de "República Popular de Cambridge". Cambridge é hoxe en día unha cidade renovada urbanamente, de clase media-alta e cun crecente mercado de propiedades, cruzando o río desde [[Boston]]. Tamén se coñece como a "ribeira esquerda de Boston".
Liña 23:
En 1636 a colonia fundou o [[Universidade Harvard|Harvard College]] para formar ministros, e elixiuse Newtowne como sede. En 1638 cambióuselle o nome á cidade polo de "Cambridge" (en relación a [[Cambridge]], [[Inglaterra]]) para reflectir a súa condición como o centro de educación superior na colonia.
 
Cambridge creceu paseniño como unha poboación eminentemente [[Agricultura|agrícola]], seguindo o camiño cara a Boston, a capital colonial, ao longo de 13 [[Quilómetro|quilómetrosquilómetro]]s. Na época da [[Guerra de Independencia dos Estados Unidos de América|Guerra de Independencia]], a maioría dos residentes vivían preto de Common e Harvard College, con granxas e facendas que abranguían a maior parte da cidade. A maioría dos habitantes eran descendentes dos primeiros colonos puritanos, aínda que había tamén unha pequena elite de [[Anglicanos]] "respectables" que non estiveron implicados na vida da cidade, preocupados das súas facendas, dos seus investimentos e do comercio, vivindo ao longo do camiño a Watertown (actual Brattle Street). A maioría desas leiras foron confiscadas despois da Revolución e vendidas aos lealistas.
[[Ficheiro:Weeks Footbridge, Cambridge, MA - panorama.jpg|miniatura|Weeks Footbridge, unha das pontes sobre o río Charles]]
Entre 1790 e 1840, Cambridge comezou a crecer rapidamente coa construción da [[ponte]] West Boston ou Longfellow en 1792, que conectou a cidade directamente con Boston, facendo innecesario viaxar os 13 quilómetros a través de Boston Neck, Roxbury e Brookline para cruzar o río Charles. En 1809 construíuse unha segunda ponte, a Canal Bridge, que cruza a canle Middlesex. As novas pontes e vías fixeron que os terreos agrícolas e as marismas se transformasen nun distrito [[Industria|industrialindustria]]l e residencial. Axiña se construíron [[estradas]] como a Concord Turnpike (actual Broadway e [[avenida]] Concord) e a Middlesex Turnpike (rúa Hampshire e avenida Massachusetts ao [[nordés]] de Porter Square), e as actuais rúas Cambridge, Main e Harvard foron [[camiño]]<nowiki/>s para conectar distintas áreas de Cambridge cara ás pontes. Ademais, nesa mesma época, os [[Ferrocarril|ferrocarís]] entrecruzaron a cidade favorecendo o desenvolvemento de Porter Square e a creación da veciña cidade de Somerville, a partir das zonas rurais de Charlestown.
 
Cambridge converteuse na segunda cidade do estado de Massachusetts en [[1846|1846.]]. O seu centro comercial tamén comezou a trasladarse desde Harvard Square a Central Square, zona que pasou a ser o centro da cidade. Entre 1850 e 1900, Cambridge adquiriu a maior parte da súa actual fisionomía, incluíndo o desenvolvemento do [[tranvía]] suburbano ao longo das estradas, barrios industriais e de clase obreira en East Cambridge, construción de confortables casas de clase media en antigas facendas en Cambridgeport e Mid-Cambridge, e zonas de clase alta preto da Universidade de Harvard e nos [[outeiro]]<nowiki/>s menos elevados da cidade. A chegada do ferrocarril a North Cambridge e Northwest Cambridge permitiu os tres maiores cambios na cidade: o desenvolvemento de [[Fábrica|fábricasfábrica]]s de [[Ladrillo|ladrillosladrillo]]s e a [[Construción|construciónsconstrución]]s feitas neste material entre as avenidas Massachusetts, Concord e Alewife Brook; a fábrica de [[xeo]] de Frederic Tudor en Fresh Pond; e a conversión en parcelas das derradeiras facendas para a súa conversión en subdivisións residenciais, o que permitiría construír vivendas para os milleiro de [[Inmigración|inmigrantes]] que se chegaron a traballar nas novas industrias.
 
En 1920, Camdridge era unha das principais cidades industriais de [[Nova Inglaterra]], con preto de 120.000 habitantes. Como a industria no [[leste]] dos Estados Unidos comezou a declinar coa [[Gran Depresión]] e logo coa [[Segunda Guerra Mundial]], Cambridge perdeu boa parte da súa base industrial. Ademais, comezou a transición desde ser un centro industrial a un [[intelectual]]. A Universidade Harvard sempre foi importante na cidade (tanto pola cantidade de terreo da que é dona como pola importancia institucional), pero comezou a exercer un papel máis dominante na vida e a cultura da cidade. A mudanza do Instituto Tecnolóxico de Massachusetss desde Boston en 1912 asegurou o status de Cambridge como o centro intelectual dos Estados Unidos.
 
Despois dos anos 50, a poboación da cidade comezou a baixar lentamente, e as [[Familia|familiasfamilia]]s comezaron a verse substituídas por persoas solteiras e parellas novas. A finais do século XX, Cambridge tiña un dos mercados inmobibliarios máis expansivos no [[nordeste]] dos Estados Unidos<span class="cx-segment" data-segmentid="351"></span><span class="cx-segment" data-segmentid="353"></span>
 
== Demografía ==
Liña 65:
* [http://www.cambridgeusa.org/ Sitio web da Oficina de Turismo de Cambridge]
* [https://www.cambridgema.gov/ Sitio web da Municipalidade de Cambridge]
 
[[Categoría:Cidades de Massachusetts]]