Manuel Espiña Gamallo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 2:
 
== Traxectoria ==
Despois de realizar os seus primeiros estudos en Folgoso (Cerdedo) e Presqueiras ([[Forcarei]]) cun profesor particular, ingresou en [[1945]] no Seminario de [[San Martiño Pinario]] de [[Santiago de Compostela]], onde estudou [[Humanidades]].<ref name=GEG>Antonio Rodríguez Fraiz (1974): ''Espiña Gamallo, Manuel'' na ''[[Gran Enciclopedia Gallega]]''.</ref> <ref name=G>[http://www.galegos.info/gl/manuel-espina-gamallo Manuel Espiña Gamallo] en Galegos.</ref>
 
A partir de [[1951]] cursou as licenciaturas en [[Filosofía]] e [[Teoloxía]] na [[Universidade Pontificia Comillas]] ([[Santander]]), ordenándose alí sacerdote en marzo de [[1959]].<ref name=GEG/> <ref name=G/> Foi en Comillas onde comeza a formarse a súa conciencia galeguista, como lle ocorreu a tantos outros; alí coincidiu con [[Carlos Baliñas Fernández]], o [[Jesús Silva Méndez|Padre Silva]] e [[Xosé Morente Torres|Morente Torres]], entre outros. <ref name=GC>[http://bvg.udc.es/paxina.jsp?id_obra=Gaecr%22Df1&id_edicion=Gaecr%22Df1002&formato=texto&pagina=10&cabecera=&maxpagina=11&minpagina=1 Galegos e cristiáns]. "Deus fratresque Gallaeciae". BVG.</ref>
 
O seu primeiro destino foi como coadxutor-vigario en [[Santa María do Azougue]] ([[Betanzos]]), cargo que desempeñou desde [[1959]] a [[1962]], cando foi nomeado polo cardeal [[Quiroga Palacios]] director espiritual do [[Seminario Menor de Belvís]], onde o seu labor máis innovador foi ser o galeguizador ao atoparse cuns rapaces que se avergoñan da lingua dos seus pais (ou que eran castigados cando falaban entre eles en galego (Espiña consegiu que se suprimisen estes castigos). Alí comeza a traducir os Evanxeos ao galego, no medio da incomprensión dos seus compañeiros.<ref name=GC/>
Liña 11:
 
[[Ficheiro:Colegiata de Santa Maria6.jpg|miniatura|[[Colexiata de Santa María do Campo]].]]
Na cidade herculina remata a tradución dos Evanxeos coa colaboración de Morente Torres, publicándose en [[1966]] co título A Palabra de Deus, editada por [[SEPT]] (foi o primeiro libro desta editorial, que se creara ese mesmo ano). O ano seguinte é Espiña quen oficia na nosa lingua a misa de Rosalía en [[San Domingos de Bonaval]] e no que comeza, tamén con Morente, unha misa en galego aos domingos nas Capuchinas da Coruña. Porén, non consegue o permiso de [[Manuel Fraga Iribarne|Fraga]], daquela ministro de Información e Turismo, para poder retransmitir a misa en galego pola radio. <ref name=GC/>
 
En [[1968]] recibe con Morente o [[Pedrón de Ouro]] polo seu labor a prol da galeguización da liturxia; un camiño demasiado lento pola eterna resposta do ''supersedeatur'', co que [[Vaticano|Roma]] contestaba unha e outra vez, a pesar da insistencia do cardeal Quiroga (foi a comezos do 1969 cando se acadou a aprobación oficial). No mesmo ano 1968 edítase o ''Misal Galego dos Fieis'', obra de novo do tándem Espiña-Morente, coa colaboración de [[Vidán Torreira]], [[Isaac Alonso Estraviz|Alonso Estravís]] e [[Ventura Cores Trasmonte]].<ref name=GEG/> <ref name=GC/>
[[Ficheiro:Fundación Labaca.004 - La Coruña.JPG|miniatura|A Fundación Labaca.]]
 
Liña 43:
* [http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.4240.php 'In memoriam' de D. Manuel Espiña] Galicia Digital.
 
{{ORDENAR:Espiña Gamallo, Manuerl}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Espiña Gamallo, Manuerl}}
[[Categoría:Personalidades de Galicia]]
[[Categoría:Personalidades da teoloxía]]