Revolución Libertadora: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxo categoría
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Eduardo Lonardi y Pedro E Aramburu (Revolución Libertadora).jpg|miniatura|300px|Xenerales [[Eduardo Lonardi]] e [[Pedro Eugenio Aramburu]] os dous ditadores sucesivos da ''«[[Revolución Libertadora]]»'']]
 
Coñécese como '''Revolución Libertadora de 1955''' o período de goberno militar na [[Arxentina]] que se estendeu entre o [[golpe de estado]] que derrocou ao goberno constitucional do xeneral [[Juan Domingo Perón]], producido o [[16 de setembro]] de [[1955]], e a entrega do goberno ao Presidente [[Arturo Frondizi]] o [[1 de maio]] de [[1958]].
 
== Antecedentes e preparativos ==
Liña 12:
O [[28 de setembro]] de [[1951]], o xeneral [[Benjamín Menéndez]] sublevouse contra o goberno de [[Juan Domingo Perón]], pero non tivo éxito, pois non atopou adhesións importantes dentro do aparello militar. O mesmo [[28 de setembro]], Perón declarou o Estado de Guerra interno, e dixo que: {{Cita|todo militar que no se subordine o se subleve contra las autoridades o participe en movimientos tendientes a derrocarlas o desconocerlas, será fusilado inmediatamente.}}
 
Pero a conspiración en contra do goberno de Perón continuou, conforme aumentaba o seu respaldo popular. [[Eduardo Lonardi]], que estaba preso, nomeou ao entón xeneral [[Pedro Eugenio Aramburu]] como o xefe do movemento. O presidente Perón contaba co apoio de grupos nacionalistas e católicos, tanto dentro do exército como da sociedade civil, sumados á clase traballadora e a [[CGT]]. Aramburu pensaba que aínda non era momento de sublevarse, pois a morte de Evita producira unha galvanización do peronismo, e á unidón dos traballadores en torno ao que recoñecían como o seu líder indiscutido.
 
Antes das eleccións de [[1952]], aumentou a violencia no país. O dirixente do Partido Comunista, [[Rodolfo Ghioldi]], foi ferido de bala e estivo preto da morte. [[Ricardo Balbín]], [[UCR|radical]], foi obxecto dun atentado, e o socialista [[Alfredo Palacios]] afirmou que o Partido Socialista non se presentaría ás eleccións. Simultaneamente, a propaganda antigobernamental dos partidos liberais e conservadores, apoiados pola [[Igrexa Católica]], fíxose máis evidente.
 
Perón triunfou nas eleccións de [[1952]]. A orde xeral do [[18 de abril]] de [[1952]] dicía que se debía {{Cita|aniquilar a las fuerzas adversarias ante el supuesto de un atentado contra el Presidente. El procedimiento a observar será drástico. A un atentado contestar con miles de atentados"}}
Liña 21:
 
=== Segundo intento de Golpe ===
O [[16 de xuño]] de [[1955]] prodúcese un levantamento militar no que un grupo de aviadores da mariña [[Bombardeo da Praza de Maio|bombardeou a Praza de Maio]] causando 364 mortos e case un milleiro de feridos. Perón refuxiouse nos subsolos da sede do Exército, xunto ao seu Ministro de Guerra [[Franklin Lucero]]. Logrou continuar como presidente, aínda que só por uns meses máis.
 
=== Terceiro intento de Golpe, definitivo ===
En [[Córdoba, Arxentina|Córdoba]] estalaría o [[16 de setembro]] de [[1955]], o movemento que daría inicio á autodenominada ''Revolución Libertadora''. O exército contou co apoio dos chamados [[Comandos civiles]] revolucionarios, que combateron contra as tropas leais ao presidente Perón en Alta Córdoba, e mantiveron escaramuzas en distintos puntos do país, ocuparon edificios públicos e constituíron un factor de enlace permanente cos militares sublevados.
A Mariña bombardeou depósitos de combustible en [[Mar de la Plata]], e ameazou con facer o mesmo na [[Destilería de la Plata]].
Perón renunciou á presidencia e retirouse a [[Paraguai]].
 
O golpe militar de setembro de 1955 significou o triunfo e o festexo para os sectores pertencentes ás clases media e alta, pero a maioría dos traballadores e dos sectores populares recibírono con tristeza e indignación.
 
== Goberno "de facto" de Eduardo Lonardi ==
O xeneral [[Eduardo Lonardi]] dirixiu o movemento desde a cidade de [[Córdoba, Arxentina|Córdoba]], e unha vez deposto o presidente constitucional asumiu o poder durante cincuenta días, co contraalmirante [[Isaac Rojas]] como vicepresidente de facto.
 
O 23 de setembro de 1955 foi o día en que Lonardi e Rojas chegaron a Bos Aires. Os primeiros países en recoñecer ao novo goberno foron [[Uruguai]], [[Israel]], [[Cuba]], [[Costa Rica]], [[Austria]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], [[Gran Bretaña]], [[República Dominicana]], [[Bolivia]] e [[China]]. A costanera e a Praza de Maio de Bos Aires estaban repletas de manifestantes opositores a Perón, desde comunistas ata católicos, pasando por membros dos Comandos civís revolucionarios e a Federación Universitaria de Bos Aires. Algunhas consignas dos manifestantes foron: "Argentinos sí, [[nazis]] no"; "[[José de San Martín|San Martín]] sí, [[Juán Manuel de Rosas|Rosas]] no" e "[[YPF]] sí, [[California]] no".