Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios, replaced: [[Bos Aires → [[Buenos Aires using [[Project:AWB|AWB]]
[[Ficheiro:Juan_de_Flandes_003.jpg|miniatura|150px|dereita|[[Xoana I de Castela|Xoana a Tola, Raíña de Castela]] (r. 1504-1506), Kunsthistorisches Museum, Viena.]]
En 1504, a raíña Isabel morreu, e aínda que Fernando intentou manter a súa posición sobre Castela tras a súa morte, as [[Cortes de Castela]] escolleron coroar raíña á filla de Isabel, [[Xoana I de Castela|Xoana]].
O seu marido, Filipe de Habsburgo, fillo do [[Lista de emperadores do Sacro Imperio Romano|Emperador do Sacro Imperio Romano]] [[Maximiliano I de Habsburgo|Maximiliano I]] e [[María de Borgoña]], simultaneamente converteuse no rei-consorte [[Filipe I de Castela]]. Pouco despois Xoana comezou a caer na tolemia. En 1506, Filipe asumiu a rexencia, pero morreu pouco máis tarde, ese mesmo ano baixo circunstancias que algunhas fontes consideran compatibles cun envelenamento ordenado polo seu sogro [http://www.xs4all.nl/kvenjb/madmonarchs/juana/juana_bio.htm]. Como o seu fillo maior, Carlos, tiña só seis anos, as Cortes, de mala gana, permitiron a Fernando, o pai de Xoana, gobernar o país como o rexente de Xoana e Carlos.
 
España estaba agora unida baixo un só gobernante, [[Fernando II de Aragón]]. Como único monarca, Fernando adoptou unha política máis agresiva que a que tivo como marido de Isabel, ampliando a esfera de influencia de España a [[Italia]], fortalecéndoa contra Francia. Como gobernante de [[Coroa de Aragón|Aragón]], Fernando estivo involucrado na loita contra Francia e [[República de Venecia|Venecia]] polo control de Italia; estes conflitos convertéronse no centro da política exterior de Fernando como rei. O primeiro uso de forzas españolas por parte de Fernando chegou na [[Guerra da Liga de Cambrai]] contra Venecia, onde os soldados españois distinguíronse no campo de batalla á beira dos seus aliados franceses na [[Batalla de Agnadello]] (1509). Só un ano máis tarde, Fernando uniuse á [[Liga Santa (1511)|Liga Católica]] contra Francia, vendo unha oportunidade de tomar [[Reino de Nápoles|Nápoles]] e [[Reino de Navarra|Navarra]] -das que mantiña unha reivindicación dinástica-. En 1516 Francia aceptou unha tregua que deixou o [[Ducado de Milán]] baixo control francés e recoñeceu a hexemonía española en Nápoles e o [[Navarra|sur de Navarra]]. O matrimonio de Fernando con [[Xermana de Foix]], de sobrevivir o fillo de ambos, puido romper a unidade política de Castela e Aragón, pero o seu fillo Xoán morreu a temperá idade.
 
A acumulación de tanto poder nun home e unha dinastía preocupaba moito ao rei de Francia, [[Francisco I de Francia|Francisco I]], que se atopou rodeado de territorios Habsburgo. En 1521, Francisco invadiu as posesións españolas en Italia e inaugurou unha segunda rolda do conflito franco-español. As [[Guerras italianas (1494-1559)|Guerras Italianas]] foron un desastre para Francia, que sufriu derrotas tanto na chamada [[Guerra italiana de 1521-1526|Guerra dos Catro Anos]] (1521-1526) -[[Batalla de Bicoca|Biccoca]] (1522) e [[Batalla de Pavía|Pavía]] (1525, onde Francisco foi capturado)- como na [[Guerra da Liga de Cognac]] (1527-1530) -[[Batalla de Landriano|Landriano]] (1529)- antes de que Francisco cedese e abandonase Milán, en beneficio unha vez máis de España.
 
 
{{VT|Descubrimento de América|Conquista de Navarra}}
En [[1543]], [[Francisco I de Francia|Francisco I]], rei de Francia, anunciou a súa alianza sen precedentes co [[sultán]] [[Imperio Otomán|otomán]], [[Suleiman Kanuni|Solimán o Magnífico]], ocupando a cidade de [[Niza]], controlada por España, en cooperación coas forzas turcas. Henrique VIII de Inglaterra, que gardaba maior rancor contra Francia que o que tiña contra o emperador por resistirse no camiño ao seu divorcio, uniuse a Carlos na súa invasión de Francia. Aínda que o exército español foi completamente derrotado na [[batalla de Cerisoles]], en [[Savoia (rexión histórica)|Savoia]], a Henrique foille mellor, e Francia foi forzada a aceptar os termos. Os [[Austria|austríacos]], liderados polo irmán menor de Carlos, [[Fernando I de Habsburgo|Fernando]], continuaron loitando contra os otománs no leste. Con Francia vencida, Carlos puido ocuparse dun problema máis antigo: a [[Liga de Esmalcalda]].
 
A [[Reforma Protestante]] comezara en Alemaña en [[1517]]]. Carlos, a través da súa posición como emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, as súas estratéxicas posesións patrimoniais situadas ao longo das fronteiras alemás, e a súa próxima relación cos seus parentes Habsburgos en Austria, tivo gran interese en manter a estabilidade do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]]. A [[guerra dos campesiños]] estalara en Alemaña en [[1524]] e devastou o país ata que foi completamente sufocada en [[1526]]. Carlos, ata estando tan lonxe de Alemaña, estaba comprometido en manter a orde. Desde a guerra dos campesiños, os protestantes organizáronse nunha liga defensiva para protexerse do emperador Carlos. Baixo a protección da Liga de Esmalcalda, os estados protestantes cometeran un gran número de atrocidades aos ollos da igrexa católica -a confiscación dalgúns territorios eclesiásticos, entre outras cousas- e desafiaran a autoridade do emperador.
 
[[Ficheiro:Carlos_V_en_Mühlberg,_by_Titian,_from_Prado_in_Google_Earth.jpg|miniatura|dereita|250px|[[Carlos I de España]] na súa vitoria contra os Protestantes na [[Batalla de Mühlberg]] (1547), pintado por [[Tiziano]].]]
Segundo un estendido punto de vista, que ás veces era expresado polos deputados casteláns nas Cortes, Carlos e os seus sucesores, no canto de centrar os seus esforzos en Castela, o corazón do seu Imperio, intentando unha unificación dos territorios españois cunha perspectiva centralista, considerárona só como outra parte do seu imperio. Niso a [[monarquía autoritaria]] dos Habsburgo difería da orientación [[Absolutismo|absolutista]] ou precozmente [[nacionalista]] doutras potencias europeas (Francia, Inglaterra ou os Países Baixos), sendo debatido pola historiografía a súa condición moderna (o estado-nación) ou máis ben continuadora de ideais e entidades medievais de vocación universal (papado e imperio). Conseguir os obxectivos políticos da dinastía -que ante todo significou debilitar o poder de Francia, manter a hexemonía Católica Habsburga en Alemaña, e conter ao Imperio Otomán- foi máis importante para os gobernantes Habsburgo que a protección de España. Esta énfase, que se explicitou na frase atribuída a Filipe II: ''Antes preferiría perder os meus Estados e cen vidas que tivese que reinar sobre herexes'', contribuiría decisivamente ao declive do poder imperial español.
 
O [[Imperio Español]] crecera substancialmente desde os días de Fernando e Isabel. Os imperios [[Imperio azteca|azteca]] e [[Imperio Inca|inca]] foron conquistados durante o reinado de Carlos, de 1519 a 1521 e de 1540 a 1558, respectivamente. Establecéronse asentamentos españois no Novo Mundo: [[Florida]] foi colonizada nos anos 1560, [[BosBuenos Aires]] foi asentada en 1536 e [[Nova Granada]] (hoxe en día [[Colombia]]) foi colonizada nos anos 1530. [[Manila]], nas [[Filipinas]], foi asentada en 1572. O [[Imperio Español]] no estranxeiro converteuse na orixe da riqueza e poder español en Europa, pero contribuíu tamén á inflación. No canto de impulsar a economía española, a prata americana fixo a España dependente dos recursos estranxeiros de materias primas e bens manufacturados. As transformacións económicas e sociais que orientaban a Europa Noroccidental na [[transición do feudalismo ao capitalismo]] non tiveron o mesmo ritmo en España -nin na Europa Central e Meridional-.
 
[[Ficheiro:Battle_of_Lepanto_1571.jpg|miniatura|dereita|300px|A [[Batalla de Lepanto]] (1571) marcou o final da expansión do [[Imperio Otomán]] no [[Mediterráneo]].]]
[[Ficheiro:Velázquez - de Breda o Las Lanzas (Museo del Prado, 1634-35).jpg|miniatura|esquerda|250px|''[[A rendición de Breda]]'' (1625) de [[Ambrosio Spinola]], por [[Velázquez]]. Non se representa o triunfalismo habitual da vitoria.]]
 
En 1618, tras as [[defenestracións de Praga]], Austria e o Emperador do Sacro Imperio Romano, [[Fernando II de Habsburgo|Fernando II]], embarcáronse nunha campaña contra a [[Unión Protestante]] e [[Bohemia]]. O novo rei e os seus validos eran considerablemente máis activos que Filipe III, pero ata durante os últimos anos deste, Zúñiga, que xa gozaba dunha posición elevada na corte, conseguira o apoio aos Habsburgo austríacos na guerra, e Ambrosio Spinola, a crecente estrela do exército español, foi enviado como o xefe do [[Exército de Flandres]] para intervir, invadindo o [[Palatinado]]. Así, España entrou na [[Guerra dos Trinta Anos]]. Á morte de Zúñiga en 1622, este foi substituído polo seu sobriño [[Conde-Duque de Olivares|Gaspar de Guzmán e Pimentel, conde-duque de Olivares]], un home capacitado que cría que o centro de todas as traxedias de España atopábase en Holanda. Logo de certos contratempos iniciais, os bohemios foron derrotados na [[batalla da Montaña Branca]] en 1621, e de novo en [[Batalla de Stadtlohn|Stadtlohn]] en 1623. Mentres estivo en vigor a tregua dos doce anos, España estaba en paz cos Países Baixos protestantes, pero a tregua, que expiraba en 1621, non se renovou, engadindo outra fronte de conflito. Spinola [[Asedio de Breda (1625)|tomou a fortaleza de Breda]] en 1625. A intervención do rei danés [[Cristián IV]] na guerra aumentou as preocupacións (Cristián era un dos poucos monarcas de Europa que non tiña problemas coas súas finanzas) pero a vitoria do xeneral imperial [[Albrecht von Wallenstein]] sobre os daneses en [[Batalla de Dessau|Dessau]] e de novo en [[Batalla de Lutter|Lutter]], ambas en 1626, eliminou a ameaza. Houbo esperanza en Madrid de que os Países Baixos podían ser finalmente reincorporados dentro do Imperio, e logo da derrota de Dinamarca os protestantes en Alemaña parecían apagados. Francia viuse envolvida de novo nas súas propias inestabilidades (o famoso [[asedio da Rochelle]] comezou en 1627), e a preeminencia de España parecía irrefutable. O conde-duque de Olivares estridentemente afirmou "Deus é español e combate coa nosa nación estes días" (Brown and Elliott, 1980, p.  190) e moitos dos adversarios de España estarían de acordo de mala gana.
 
== O camiño cara a Rocroi (1626-1643) ==
381.175

edicións