Nais de Praza de Maio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
m →‎Acción da organización: Arranxos varios, replaced: [[Bos Aires → [[Buenos Aires (2) using AWB
Liña 6:
 
== Acción da organización ==
[[Ficheiro:Madres-plaza-mayo-feria-libro.JPG|miniatura|esquerda|300px|As '''Nais de Praza de Maio''' representadas na Feria Internacional do Libro en [[BosBuenos Aires]]]]
Naceu como unha iniciativa de nais de detidos e desaparecidos o [[30 de abril]] de [[1977]] en [[BosBuenos Aires]]. O seu obxectivo inicial era poder ter unha audiencia co Presidente ''de facto'' arxentino [[Jorge Rafael Videla]]. Para iso, se reuniron na [[Praza de Maio]] e efectuaron unha manifestación pública pacífica pedindo saber o paradoiro dos seus fillos. A elección da Praza de Maio débese a que está situada fronte á [[Casa Rosada]], sede da Presidencia e lugar onde tradicionalmente se efectuaron manifestacións políticas.
 
A idea xurdiu mentres o grupo inicial de nais estaba esperando que as atendera o secretario do Vicario Castrense. Unha delas, [[Azucena Villaflor]] de Devincenti, propuxo entón: "''Individualmente non vamos a conseguer nada. ¿Por que non vamos todas á Praza de Maio? Cando vexa que somos moitas, Videla terá que recibirnos.''"