Panteón de Galegos Ilustres: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Eliminación da afirmación de que o Panteón está ao coidado da Fundación Rosalía de Castro (non é así) e cambio de pé de foto erróneo
m →‎Historia e características: Arranxos varios, replaced: [[Bos Aires → [[Buenos Aires using AWB
Liña 5:
 
== Historia e características ==
Neste lugar descansan os restos de varios personaxes galegos da máxima relevancia. A primeira en ser trasladada alí foi [[Rosalía de Castro]], o 25 de maio de [[1891]], seis anos despois da súa morte e trasladada desde o cemiterio de Adina (en [[Iria Flavia, Padrón]]). O seu mausoleo é obra de Jesús Landeira Iglesias.
 
O seguinte foi [[Alfredo Brañas]], en [[1900]], colocado fronte a Rosalía. En [[1961]] foi enterrado o escultor [[Francisco Asorey]], o chamado ''escultor da raza'', inhumado directamente no Panteón, e o 12 de agosto de [[1967]], [[Ramón Cabanillas]], que foi trasladado desde o cemiterio de [[Cambados]].
 
O 28 de xuño de [[1984]] o Panteón recibiu os restos do político, escritor e debuxante [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao]], que fora trasladado desde [[BosBuenos Aires]] onde morreu en [[1950]]. O seu mausoleo atópase nunha capela anexa á principal, a do Santo Cristo, que é a máis antiga da igrexa.
 
Finalmente, en [[1988]] foi enterrado o intelectual e cartógrafo [[Domingo Fontán]], trasladado desde o Cemiterio Xeral de Santiago. Tanto este como Cabanillas soterráronse no chan da capela.