Francisco Ayala: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución da categoría "Nados en Granada, España" pola categoría "Nados en Granada"
m Arranxos varios, replaced: [[Bos Aires → [[Buenos Aires using AWB
Liña 2:
 
== Biografía ==
Ós dezaseis anos trasladouse a [[Madrid]], onde estudou Dereito e Filosofía e Letras. Nesta época publicou as súas dúas primeiras novelas, ''Tragicomedia de un hombre sin espíritu'' e ''Historia de un amanecer''.
 
Colaborou habitualmente en ''[[Revista de Occidente]]'' e ''Gaceta Literaria''. Residía en [[Berlín]] entre [[1929]] e [[1931]] durante o xurdimento do [[nazismo]]. Doutorouse en Dereito na [[Universidade de Madrid]] e impartía clases na mesma.
 
Foi letrado das Cortes desde a proclamación da [[República española|República]]. No comezo da [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]] atopábase dando conferencias en Sudamérica, e durante a mesma exerciu como funcionario do [[Ministerio de Estado de España|Ministerio de Estado]].
 
Ó caer a República exíliouse en [[BosBuenos Aires]], onde pasou dez anos traballando e colaborando na revista ''Sur'' e no diario ''La Nación''. Nese tempo foi cofundador da revista ''Realidad''.
 
Posteriormente, aínda na década dos cincuenta, Ayala trasladouse a [[Puerto Rico]], país no que impartiu cursos na [[Facultade de Dereito]] da [[Universidade de Puerto Rico]], invitado polo Decano de dita institución, o renomeado xurista, [[Manuel Rodríguez Ramos]]. Desde o arquipélago de [[Puerto Rico]] viaxou a [[Estados Unidos de América]], onde impartiu clases de Literatura española nas universidades de [[Princeton]], [[Rutgers]], [[New York University]] ([[NYU]]) e [[Chicago]], aínda que tamén mantivo estreitos nós intelectuais e culturais con [[Puerto Rico]], onde igualmente viviron longos exilios os nomeados [[Pau Casals]] e [[Juan Ramón Jiménez]], entre outros.
 
En [[1960]] regresou por primeira vez a [[España]] e, pouco a pouco, reintegrouse na vida literaria española. En [[1976]] instalouse definitivamente en [[Madrid]], continuando o seu labor de escritor, conferenciante e colaborador de prensa. En [[1983]], ós 77 anos, foi elixido membro da [[Real Academia Española]] e leu o seu discurso de ingreso un ano despois. Ata moi avanzada idade seguiu escribindo con plena lucidez. En [[1988]] obtivo o [[Premio Nacional das Letras Españolas]]; en [[1990]] foi nomeado [[Fillo Predilecto de Andalucía]]; en [[1991]] foi galardoado co [[Premio Miguel de Cervantes]] e en [[1998]] co [[Premio Príncipe de Asturias das Letras]].
 
A crítica dividiu xeralmente a traxectoria narrativa de Francisco Ayala en '''dúas etapas''': a anterior e a posterior á [[Guerra civil española|Guerra Civil]].
 
A primeira etapa corresponde a antes da Guerra Civil. Escribiu ''Tragicomedia de un hombre sin espíritu'' ([[1925]]) e ''Historia de un amanecer'' ([[1926]]), que se inscriben nunha liña narrativa tradicional. Con ''El boxeador y un ángel'' ([[1929]]) e ''Cazador en el alba'' ([[1930]]) aborda a prosa vanguardista. En ambas coleccións de contos predominan o estilo metafórico, a brillantez expresiva, a falta de interese pola anécdota e a fascinación polo mundo moderno.
Liña 22:
Despois destas novelas Francisco Ayala seguiu publicando relatos, coma os recollidos en ''El As de Bastos'' ([[1963]]), ''El rapto'' ([[1965]]) e ''El jardín de las delicias'' ([[1971]]) , libro que se basea no contraste entre a obxectividade satírica da primeira parte, «Diablo mundo», e o ton evocativo, subxectivo e lírico da segunda, «Días felices». En [[1982]] apareceu ''De triunfos y penas'', e en [[1988]] ''El jardín de las malicias'', onde recolleu seis contos escritos en diferentes épocas da súa vida.
 
Gran importancia ten tamén a súa obra ensaística, que abrangue temas políticos e sociais, reflexións sobre o presente e o pasado de [[España]], o cine e a literatura.
 
Escribiu unhas interesantes memorias: "Recuerdos y olvidos" ([[1982]], [[1983]], [[1988]] e [[2006]]).
Liña 151:
 
{{ORDENAR:Ayala, Francisco}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua castelá]]
[[Categoría:Escritores de España]]