Diferenzas entre revisións de «Día Internacional dos Traballadores»

m
Arranxos varios, replaced: [[Bos Aires → [[Buenos Aires using AWB
m (Arranxos varios, replaced: [[Bos Aires → [[Buenos Aires using AWB)
O '''Día Internacional dos Traballadores''' ou '''Día Internacional do Traballo''' ou '''Primeiro de Maio''', é a festa por antonomasia do [[movemento obreiro]] mundial.
 
Desde o seu establecemento na maioría de países (aínda que a consideración de día festivo foi en moitos casos tardía) por acordo do Congreso Obreiro Socialista da [[Segunda Internacional]], celebrado en [[París]] en [[1889]], é unha xornada de loita reivindicativa e de homenaxe ós ''Mártires de Chicago'', sindicalistas [[anarquismo|anarquistas]], que foron axustizados nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] pola súa participación nas xornadas de loita pola consecución da xornada laboral de oito horas que tiveron a súa orixe na [[folga laboral|folga]] iniciada o [[1 de maio]] de [[1886]] e o seu punto álxido tres días máis tarde, o [[4 de maio]], na [[Revolta de Haymarket]] en [[Chicago]]. As xornadas foron realizadas seguindo o éxito que tivera o movemento sindical no [[Canadá]], cunha campaña semellante a partir do [[1872]] a favor do día laboral limitado e dos dereitos sindicais.
 
É curioso que nos Estados Unidos non se celebra esta conmemoración. Alí celebran o ''[[Labor Day]]'' o primeiro luns de setembro desde [[1882]], nunha parada realizada en [[Nova York]] e organizada pola [[Nobre Orde dos Cabaleiros do Traballo]] (''Knights of Labor'', en inglés). O presidente [[Grover Cleveland]], propiciou a celebración en setembro por temor a que a data de maio reforzase o movemento [[socialismo|socialista]] nos Estados Unidos.
* [[Louis Linng]], alemán, 22 anos, [[carpinteiro]]. Para non ser executado suicidouse na súa propia cela.
 
Relato da execución por [[José Martí]], correspondente en Chicago do xornal ''[[La Nación (Arxentina)|La Nación]]'' de [[BosBuenos Aires]] ([[Arxentina]]):
 
Relato da execución por [[José Martí]], correspondente en Chicago do xornal ''[[La Nación (Arxentina)|La Nación]]'' de [[Bos Aires]] ([[Arxentina]]):
 
{{Cita|''...saen das súas celas. Danse a man, sorrín. Lenlles a sentenza, suxéitanlles as mans por detrás con esposas, cínguenlles os brazos ao corpo cunha faixa de coiro e póñenlles unha mortalla branca como a túnica dos catecúmenos cristiáns. Abaixo está a concorrencia, sentada en ringleira de cadeiras diante do cadafalso como nun teatro... Firmeza no rostro de Fischer, pregaria no de Spies, orgullo no do Parsons, Engel fai un chiste en relación coa súa caperucha, Spies grita: "A voz que ides sufocar será máis poderosa no futuro que cantas palabras puidese eu dicir agora». Báixanlles as caperuchas, logo un aceno, un ruído, a trampa cede, os catro corpos caen e balancéanse nunha danza espantable...''|}}
Ó longo do [[século XX]], os progresos laborais fóronse acrecentando con leis para os traballadores, para outorgarlles dereitos de respecto, retribución e amparo social, a excepción da última década do século, na que eses progresos retrocederon baixo a influencia do [[neoliberalismo]].
 
Na actualidade, case todos os países democráticos rememoran o 1º de maio como a orixe do movemento obreiro moderno.
 
En [[1954]], o papa católico [[Pío XII]] apoiou tacitamente esta xornada de memoria colectiva ó declarala como festividade de [[San Xosé Obreiro]]. Ultimamente vénse denominando a este día como '''Día Internacional do Traballo'''.
393.002

edicións