Fernando Fernán Gómez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios using AWB
m →‎Biografía: Arranxos varios, replaced: [[Bos Aires → [[Buenos Aires using AWB
Liña 36:
 
== Biografía ==
Malia que a súa partida de nacemento indica que o fixo en [[BosBuenos Aires]], segundo el mesmo comenta nas súas memorias<ref>Fernán Gómez, Fernando, ''El tiempo amarillo: memorias ampliadas (1921–1997)''. Editorial Debate, Barcelona, 1998. ISBN 84-8306-139-2, pp. 33–35.</ref> o máis probable é que nacese en Lima. A razón é que súa nai, a actriz de teatro [[Carola Fernán Gómez]], estaba de xira por [[Sudamérica]], e se ben naceu en Lima, a súa partida de nacemento foi expedida días despois na Arxentina. Conservou esa nacionalidade ata que lle foi outorgada a española en 1984. Fillo extramarital, seu pai foi o tamén actor [[Luis Fernando Díaz de Mendoza y Guerrero]], fillo de [[María Guerrero]], que impediu o matrimonio entre os pais de Fernando Fernán-Gómez.<ref>[http://www.elpais.com/articulo/cultura/feroz/Maria/Guerrero/saga/familiar/comico/elpepucul/20071123elpepicul_4/Tes La feroz María Guerrero y la saga familiar del cómico], reportaxe do xornal ''[[El País]]'', 23 de novembro de 2007.</ref>
 
Tras algún traballo escolar como actor, estudou Filosofía e Letras na [[Universidade Central de Madrid|Madrid]], pero a súa verdadeira vocación levouno ó [[teatro]]. Durante a [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]] recibiu clases na Escola de Actores da [[Confederación Nacional do Traballo|CNT]], debutando como profesional en 1938 na compañía de [[Laura Pinillos]]. Alí descubriuno [[Enrique Jardiel Poncela]], que lle deu a súa primeira oportunidade ó ofrecerlle en 1940 un papel como actor secundario na súa obra ''Los ladrones somos gente honrada''. Tres anos despois contratouno a produtora cinematográfica [[Cifesa]], irrompendo así no [[cine]] coa película ''Cristina Guzmán'', dirixida por [[Gonzalo Delgrás]]. Ó ano seguinte ofrecéronlle o seu primeiro papel protagonista en ''Empezó en boda'', de [[Raffaello Matarazzo]]. Malia a incursión no cine, non descoidou a súa vocación de autor de teatro e director de escena, e foi escritor e guionista asiduo da [[tertulia]] do [[Café Gijón]].