Xosé Velo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Exilio: trala
m Arranxos varios, replaced: [[Bos Aires → [[Buenos Aires using AWB
Liña 4:
Era fillo de [[Lino Velo Castiñeiras]], que fora alcalde conservador da vila, e Manuela Mosquera, quedando orfo de pai en 1926. Nos seus tempos de estudante no colexio dos Escolapios de Celanova fixo amizade con [[Celso Emilio Ferreiro]], con quen a finais de 1932 organizou as Mocidades Galeguistas en Celanova e formou parte do primeiro Consello Nacional da [[Federación de Mocedades Galeguistas]], das cales foi elixido secretario xeral en abril de 1935. O [[24 de abril]] casou con Jovita Pérez González.
 
Trala [[sublevación do 18 de xullo de 1936]], a [[Garda Civil]] detívoo o [[21 de xullo]], aínda que saíu libre ao pouco tempo, e o [[14 de marzo]] de [[1937]] tivo que se incorporar ao exército sublevado na División Acoirazada Brunete ata 1938, ano no que volveu a Celanova, marchando ao pouco tempo á [[Guinea Ecuatorial|Guinea Española]]. Volveu ao remate da [[Guerra civil española]], e en novembro de 1939 abriu unha academia de ensino na súa vila. En [[1943]] trasladouse a Vigo, onde abriu outra academia, e por manter contactos con organizacións da oposición galeguista no exilio a policía detívoo en 1944. Beneficiado por unha amnistía, saeu en 1945 e permanece durante un ano agochado preto de Celanova.
 
== Exilio ==
En 1948 fuxiu a [[Portugal]], onde o detivo a [[PIDE]], a policía política portuguesa, e trala súa posta en liberdade conseguiu saír cara [[Venezuela]], onde chegou o [[9 de outubro]] de [[1948]]. Ao ano seguinte uníuselle a súa familia, que mantivo traballando como profesor en academias e colexios privados, e mesmo en 1959 foi profesor na Escola de Suboficiais do Exército venezolano. Xosé Velo foi presidente do [[Lar Gallego]] (1956) e participou no primeiro [[Congreso da Emigración Galega]] que se celebrou entre o [[24 de xullo|24]] e o [[31 de xullo]] de 1956 en [[BosBuenos Aires]].
 
Entrou en contacto co grupo da oposición española que dirixía [[Alberto Bayo]] dende [[Cuba]], e participou na súa emisora de radio, ''Radio Claridad''. Pero, descontento coa actuación deste grupo, organizou con membros da oposición portuguesa ao réxime de [[António de Oliveira Salazar|Salazar]] exiliados en Sudamérica, como [[Humberto Delgado]] e [[Henrique Galvão]], e con outros galegos como [[José Fernando Fernández Vázquez]] (''Comandante Sotomayor''), o [[Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación]] en 1959. Velo foi o cosecretario xeral xunto a Humberto Delgado dende xaneiro de 1960, e participou con outros membros galegos e portugueses desta organización na toma do navío portugués ''Santa María'' o [[22 de xaneiro]] de [[1961]], en ruta entre [[Curaçao]] e [[San Xoán, Porto Rico|San Xoán de Porto Rico]], na coñecida como [[Operación Dulcinea]], co obxectivo de dirixirse a África e iniciar unha revolta antisalazarista, ao tempo que pretendía chamar a atención internacional sobre os réximes ditatoriais da [[Península Ibérica]]. Fracasada a operación por diversos motivos, o [[4 de febreiro]] de [[1961]] acordouse co goberno brasileiro recoñecer a Velo e ao resto dos secuestradores como refuxiados políticos. Asentouse co seu fillo Víctor, que tamén participou na toma do navío, na cidade de [[São Paulo]].
Liña 20:
*[http://www.centenariovelo.org/ Web da Comisión Pro Centenario Xosé Velo Mosquera]
 
{{ORDENAR:Velo Mosquera, Xose}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Velo Mosquera, Xose}}
[[Categoría:Personalidades da política de Galicia]]
[[Categoría:Galegos de Venezuela]]