Materia escura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 15:
 
== Situación actual ==
Na actualidade emprégase o observatorio espacial Herschel (no espazo dende 2009) para o estudo da materia escura utilizando como ferramenta principal o telescopio de 3,5 metros, que traballa na lonxitude de onda de luz [[infravermello|infravermella]]. Fruto desta investigación, a revista [[Nature]] publicou (en liña o 16 de febreiro de 2011 e na edición impresa 24 de febreiro de 2011)<ref>http://www.nature.com/nature/journal/vaop/ncurrent/abs/nature09771.html</ref><ref>Submillimetre galaxies reside in dark matter haloes with masses greater than 3 × 1011 solar masses</ref> o traballo do equipo de astrónomos dirixido por Asantha Cooray (Universidade de California en Irvine) que calcularon a cantidade de materia escura necesaria para a creación dunha galaxia, baseándose nas imaxes do fondo cósmico infravermello da rexión celeste chamada "Lockman Hole", situada na constelación da Osa Maior <ref>http://www.nasa.gov/mission_pages/herschel/herschel20110216i.html</ref>, chegando a estimar que faría falla unha cantidade de materia escura equivalente a 300 millóns de masas solares (estrelas coa masa do [[Sol]]) para xenerarxerar unha galaxia.
[[Ficheiro:Alpha_Magnetic_Spectrometer_-_02.jpg|150 px|dereita]]
A derradeira misión espacial da lanzadeira espacial americana Endeavour (o 16 de maio de 2011) deixou o espectrómetro magnético Alfa ou AMS na [[Estación Espacial Internacional]] (ISS). Deseñado polo equipo da [[NASA]] liderado polo físico Samuel Chao Chung Ting, (nobel de física en 1976) para localizar galaxias de antimateria, materia escura (na procura de [[neutralino]]s mediante a localización de positróns de alta enerxía), e raios cósmicos. O espectrómetro é ultrasensible e require un supercomputador composto por mais de 650 procesadores; é por iso que en lugar de ser un satélite máis, débese instalar na ISS para acadar a suministración de enerxía necesaria para o seu correcto funcionamento (o custo económico do satelite é de 1.500 millóns de dólares). O núcleo do instrumento é un iman superconductor enfriado con helio a -271.35º Celsius (isto é 1,8º celsius por riba do cero absoluto) producindo un campo magnético de 1 Tesla (20.000 veces maior ao campo magnético terrestre).