República: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado commonscat
Jglamela (conversa | contribucións)
Traducido de es.wiki
Liña 15:
 
[[España]] tamén tentou adoptar a república, a primeira vez foi en 1873, a segunda e última, na década de 1930. Pero os moitos conflitos ideolóxicos entre os propios partidarios da mesma, tamén cos [[anarquismo|anarquistas]], e entre republicanos, anarquistas e monarquistas, deron como resultado a [[Guerra Civil Española]]. ''(ver texto específico)''. O saldo do conflito foi o mantemento da monarquía como forma de goberno en España.
 
== Evolución histórica ==
=== Na antigüidade ===
Na antigüidade, as repúblicas non se entendían como entende o concepto a [[ciencia política]]. Aínda que ''república'' significase "a cousa pública", non todos podían participar nesa "cousa". A democracia ateniense non o era no mesmo senso nin forma que se entende actualmente. As [[polis]] [[Grecia|gregas]] estaban gobernadas pola [[aristocracia]] (''aristoi'', "os mellores") e só os ''cidadáns'' participaban nas discusións da [[ágora]].
 
Entre os textos antigos que sobreviviron á [[Idade Media]] está ''[[A República]]'', de [[Platón]]. A pesar dos elevados ideais da obra, cando Platón puxo en práctica as súas ideas políticas na polis de [[Siracusa]] o resultado foi un completo fracaso.
 
Tamién [[Marco Tulio Cicerón|Cicerón]] intentou algo parecido en tempos de Roma e tampouco logrou reforzar o goberno da [[República romana]], senón que ao seu pesar só logrou un preludio do que logo foi a [[Imperio romano|Roma imperial]].
 
=== No Renacemento ===
Durante o [[Renacemento]] fomentouse a revisión do mundo antigo, non só da súa arte, senón tamén da súa cultura, do seu pensamento político e da súa literatura e a maioría dos escritos que lograron sobrevivir foron traducidos. Entres estes estaban os que facían referencia ás repúblicas da antigüidade que foron rebautizadas como Repúblicas clásicas.
 
Italia era a zona máis densamente poblada de Europa nesa época e co goberno central máis feble, polo que se desenvolveron moitas cidades-estado e se creou unha ideoloxía republicana. As dúas máis poderosas eran a [[República de Venecia]] e a súa rival a [[República de Xénova]] que controlaban gran parte do Mediterráneo.<ref>Haakonssen, Knud. "Republicanism." ''A Companion to Contemporary Political Philosophy''. Robert E. Goodin e Philip Pettit. eds. Cambridge: Blackwell, 1995</ref>
 
A [[filosofía]] renacentista viu na república unha especie de Estado ideal e os Estados que xurdiron nese período como os [[Países Baixos]] adoptaron esta forma de organización política. Non obstante, máis que os ideais republicanos, pesou na súa decisión o seu sentimento anticatólico e por iso autodenomináronse ''República Protestante dos Países Baixos'' e o feito de non encontraren ningún candidato convincente como monarca.
 
En [[Europa Central]] foi a república [[Aristocracia|aristocrática]] [[federalismo|federal]] formada en 1569 polo [[Coroa do Reino de Polonia|Reino de Polonia]] e o [[Gran Ducado de Lituania]], a [[República das Dúas Nacións]], que durou ata as [[particións de Polonia]] en 1795.
 
=== Republicanismo ilustrado ===
A [[Ilustración]] trouxo con ela unha nova xeración de [[político]]s e [[filosofía|filósofos]] ilustrados que reformulou os principios da [[ciencia política]] que estiveran vixentes ata o momento. [[John Locke|Locke]], por exemplo, propuxo a [[separación de poderes|división de poderes]] e a [[Separación Igexa-Estado]] cando o [[Absolutismo]] aínda era a situación habitual. Estas formulación políticas foron as que se establecerían despois nas [[constitución]]s promulgadas trala [[Revolución francesa]] e a [[Guerra de Independencia dos Estados Unidos de América]]. De feito, a Ilustración definiu o modelo do que sería unha república e das [[monarquía constitucional|monarquías constitucionais]] que comezaron a consolidarse no [[século XIX]].
 
Os principios máis importantes establecidos pola Ilustración foron:
* A autoridade da lei.
* A esixencia de que os gobernos se interesen polos cidadáns aos que afecta esa lei.
* A necesidade de que os gobernos establezan o ''interese nacional'', de tal xeito que fosen comprensibles polo pobo en xeral.
* Que existise algún modo de [[Dereito de autodeterminación|autodeterminación]], no sentido de ''consulta popular'' ([[referéndum]]s, [[eleccións]] etc.).
 
Dende o final do [[absolutismo]], tanto o [[liberalismo]] (repúblicas con sistemas [[economía|económicos]] [[economía de mercado|librecambistas]]), como o [[socialismo]] (repúblicas con sistemas económicos [[economía planificada|planificados]]), así como as [[monarquía constitucional|monarquías constitucionais]] baseáronse nos ideais republicanos aparecidos durante a Ilustración e desenvolvidos nas repúblicas dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e [[Francia]]. Estes ideais son a crenza na autodeterminación dos pobos e a dignidade individual humana.
 
=== República de partido único ===
[[Karl Marx]] argumentou que as clases sociais tiñan tenían intereses e que os gobiernos existentes representaban os intereses da clase dominante, polo que nalgún momento estes gobernos serían derrocados polas [[proletariado|clases proletarias]].
 
Cando no século XX apareceron as novas [[Estado socialista|Repúblicas Socialistas]], estas proclamáronse como as herdeiras máis directas dos ideais da [[Ilustración]]. Porén, tiveron que enfrontarse a un grave problema: a maior parte do proletariado carecía do interese ou da experiencia de goberno necesaria para que os ideais republicanos socialistas se pudiesen pór en marcha. Por iso, as estruturas de goberno socialistas acabaron sendo na práctica moi piramidais.
 
=== República islámica ===
Algúns estudosos occidentais non consideran as repúblicas [[Islam|islámicas]] como auténticas repúblicas, pois os seus ideais están fundamentados no [[Corán]] e non nos ideais da [[Ilustración]]. Tampouco teñen ningunha outra ligazón coa tradición occidental do republicanismo que pode remontarse ata a antiga Roma.
 
Estas repúblicas islámicas xurdiron nas zonas de dominio do [[Islam]], tralas descolonizacións da segunda metade do [[século XX]].
 
== Notas ==