1810: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 42:
=== América ===
* A case totalidade das colonias españolas en [[América]] convulsiónanse baixo movementos de carácter independentista, coma os iniciados en [[Caracas]] ([[19 de abril]]), [[Buenos Aires]] ([[25 de maio]]), [[Bogotá]] ([[20 de xullo]]). [[Santiago de Chile]] ([[18 de setembro]]) ou [[Quito]] ([[19 de setembro]]) entre outros. Dende [[México]], o crego [[Miguel Hidalgo]] encabeza en [[setembro]] unha sublevación contra o vicerrei [[Francisco Xavier Venegas]], quen loitara contra o francés na [[batalla de Bailén]] e que á volta de América fora [[Capitanía Xeneral de Galicia|Capitán Xeneral de Galicia]]. O movemento, que nun principio se presenta cun carácter realista en apoio de [[Fernando VII]], desemboca nun movemento independentista. En Bos Aires comeza a publicarse regularmente, dende o [[7 de xuño]] co respaldo das autoridades, "La Gaceta de Buenos Aires", que tivera unha efémera aparición en [[1781]]. Por fin as rúas da cidade poden dispoñer dun xornal de carácter legal e ordinario.
* Na [[Illa de León]] ([[Cádiz]]), onde se trasladara dende [[Sevilla]] a causa do inminente ataque francés, a Xunta Central Suprema decretou o [[25 de maio]] a súa autodisolución e nomeou un Consello de Rexencia (que xa estaba a traballar desde o [[29 de xaneiro]]). Co territorio peninsular practicamente en mans de [[Napoleón Bonaparte|Napoleón]] e, desaparecida a [[Xunta de Sevilla]], perante unha rexencia de discutible lexitimidade e eficacia, os sectores crioulistas independentistas achaban canle propicia para comezar a impoñe-la súa política. Pero tamén entre os leais partidarios da coroa cundiu a alarma pola conquista francesa, e a prevista formación de xuntas de goberno en situacións críticas presentóuselles como solución. Os independentistas entenderon, con todo isto, que era necesario manter a aparencia de lealdade ó rei, a máscara de [[Fernando VII]] (como chegaría a chamarse). En [[BosBuenos Aires]], cabeza do vicerreinado do [[Río de la Plata|Río da Prata]], convocouse un cabido aberto o [[22 de maio]] a instancias de notables crioulos. Pero a decisión de manter o vicerrei [[Baltasar Hidalgo de Cisneros]] como presidente da Xunta provocou unha reacción popular. O [[25 de maio]] diante do cabido, unha multitude esixe a destitución do vicerrei e a formación dunha nova xunta cuxos membros serían os dunha lista xa redactada. Ante isto, Cisneros renunciou e quedou establecida a primeira xunta patria que foi presidida por [[Cornelio Saavedra]].
* O [[20 de xullo]] a poboación de [[Bogotá|Santa Fe de Bogotá]] sublévase contra as autoridades coloniais españolas, e convoca un cabido aberto antepoñendo as causas iniciadas polo incidente do [[O Floreiro de Llorente|Floreiro de Llorente]]. As primeiras medidas son a creación dunha Xunta Suprema do reino de [[Nova Granada]], a liberación do cóengo [[Andrés María Rosillo]], preso polas súas ideas liberais, e a prisión do vicerrei [[Antonio José Amar y Borbón]]. A convocatoria do cabido aberto de Santa Fe de Bogotá constitúe o inicio do movemento emancipador de Nova Granada.
* [[Miguel Hidalgo]], crego da cidade de [[Dolores Hidalgo]], na intendencia mexicana de [[Estado de Guanajuato|Guanajuato]], decátase de que foi descuberta a conspiración tramada en [[Querétaro]] contra as autoridades coloniais e decide proclama-la loita aberta. Así, na primeira misa do [[16 de setembro]] lanza o seu berro de guerra: ''"Viva América e morra o mal goberno!", "Viva a nosa Santísima Nai de Guadalupe!"''. Os realistas, máis tarde, oporíanse ó culto da Virxe india e cambiaríanlle o nome polo de Virxe dos Remedios. Logo de tomar [[Celaya]] o [[22 de setembro]], Hidalgo é designado capitán xeneral e asume a dirección política do movemento. Secúndao no mando militar [[Ignacio Allende]]. Non tarda Hidalgo en gañarse á maioría dos indios da rexión, que chegarían a sumar uns 50 000 combatentes. A achega indíxena constitúe un trazo singular, non repetido nas loitas pola independencia doutras rexións da América hispana. Trala toma de [[Guanajuato]] (o [[28 de setembro]]), Hidalgo declarou abolida a escravitude e os tributos dos indios. Mentres, o vicerrei organiza as súas forzas co apoio da aristocracia hispana e crioula. Perdida [[Guadalaxara, México|Guadalaxara]], onde formaran goberno, os líderes patriotas foxen a [[Zacatecas]]. Hidalgo, relevado pola súa impericia no mando militar, é capturado con outros xefes en [[Acatita de Baján]] o [[21 de marzo]] de [[1811]]. Tras dun xuízo militar fusiláronos en [[Chihuahua]] o [[30 de xullo]] de 1811.