La fanciulla del West: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *similaridades
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 30:
''La fanciulla del West'' foi a seguinte ópera que compuxo Puccini tras ''[[Madama Butterfly]]'' ([[1904]]), que tamén estaba baseada nunha obra de Belasco. Puccini quería crear óperas que fosen próximas á historia recente ou actual. Mentres que ''Madama Butterfly'' narra a historia dunha [[geisha]] e un oficial americano no [[Xapón]] de inicios do [[século XX]], ''La fanciulla del West'' achega unha páxina da historia americana que algúns espectadores viviran ou da que tiñan novas por parte de familiares próximos e o tema e o escenario estaban presentes na súa memoria. Esta ópera foi un encargo da [[Metropolitan Opera]] de [[Nova York]], onde foi estreada o [[10 de decembro]] de [[1910]] coas estrelas do "Met" [[Emmy Destinn]] (no papel de ''Minnie'') e [[Enrico Caruso]] (como ''Dick Johnson''), para os que Puccini escribira os papeis principais de Dick Johnson e Minnie. Non obstante, logo de que o compositor vira a [[Gilda dalla Rizza]] encarnar a Minnie na [[Ópera de Montecarlo]] en [[1921]] comentou: "Por fin vin a miña verdadeira Fanciulla". Tamén se encontraba entre o elenco encarnando a ''Jack Rance'' [[Pasquale Amato]]. O director musical do "Met", [[Arturo Toscanini]] foi o encargado de dirixir a [[orquestra]].<ref>Smith, p. 544</ref> Era a primeira estrea mundial dunha ópera no Met,<ref>Randall & Davis, p. 42</ref> e inicialmente foi recibido nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. A ópera tivo éxito logo dunha estrea moi publicitada en 1910.<ref>Hamilton, p. ?</ref> Non obstante, nunca foi tan popular en [[Europa]], agás quizais en [[Alemaña]]. Alí gozou dunha estrea triunfal na [[Deutsche Oper Berlin|Deutsche Opernhaus]] de [[Berlín]] en marzo de [[1913]], baixo a dirección de [[Ignatz Waghalter]].
 
O [[29 de maio]] de [[1911]] estreouse na [[Royal Opera House]] de [[Londres]], en [[Melbourne]] o [[11 de xuño]] no Her Majesty's Theatre; en [[Roma]] o [[12 de xuño]] no [[Teatro Costanzi]]; e no [[Teatro Colón, BosBuenos Aires|Teatro Colón]] de [[Buenos Aires|Bos Aires]] o [[25 de xullo]].
 
''La fanciulla del West'' aínda se representa con frecuencia, mais nunca tanto como outras obras do compositor. Esta ópera continúa no repertorio, aínda que non está entre as máis representadas, figurando nas estatísticas de [[Operabase]] no posto número 100 das óperas máis representadas no período [[2005]]-[[2010]], sendo a 37ª en [[Italia]] e a novena de Puccini con 35 representacións.<ref>[http://operabase.com/top.cgi?lang=es Estatísticas de Operabase]</ref> O "Met" presentou a obra na súa tempada [[2010]]-[[2011|11]] para conmemorar o centenario do aniversario da estrea da obra.<ref>[http://www.metoperafamily.org/metopera/season/production.aspx?id=10970 ''La fanciulla del West''] na Metropolitan Opera en 2010/11</ref>