Noz de cola: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Marcio (conversa | contribucións)
Liña 8:
 
== Propiedades ==
As sementes teñen acción estimulante, regularizadora da circulación. Actúan como un tónico revigorizante, excitante do [[sistema nervioso]] e muscular. É tamén antidiarreica e usada nos casos de [[anemia]], convalecencia de doenzas graves, problemas estomacais e certas xaquecas, e sobretodosobre todo nas perturbacións funcionais do corazón. As sementes conteñen [[teobromina]] e cafeína, e úsanse coma sucedáneo do [[cacao]] e do [[café]].
 
O extracto prodúcese principalmente a partir de dúas especies, ''[[Cola nitida]]'' (Vent.) Schott et Endl. ou ''[[Cola acuminata]]'' (Beauv.) Schott et Endl., principalmente a partir das súas sementes. Delas extráese quer [[cafeína]], <nowiki/>quer [[teobromina]]. Os estudos suxestionan quesuxesirenue as propiedades do extracto ten efectos semellantes, en termos de dose, ao da [[cafeína]].<ref>{{Cita publicación periódica |last1= Burdock|first1=George A. |last2= Carabin|first2=Ioana G. |last3=Crincoli |first3=Christine M. |date=August 2009 |title= [[Food and Chemical Toxicology]]|journal= Safety assessment of kola nut extract as a food ingredient|volume=47 |issue=8 |pages=1725–1732 |publisher=Elsevier |doi=10.1016/j.fct.2009.04.019}}</ref>
 
== Historia ==
A noz de cola medra espontaneamente na África Occidental e Central en climas quentes e húmidos. Xa dende a antigüidade empregouse mastigada coma estimulante. Levábase ao sur de África a través do comercio transahariano, con [[camelo]]s. O uso das súas améndoas espallouse na rexión norte da América Latina por medio dos [[Escravitude|escravos]] negros que mascaban colas para soportar traballos penosos. Despois foi levada a outros países con finalidades agroindustriais.
 
== Notas ==