Lamarckismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
Miguelferig (conversa | contribucións)
m ligazón
Liña 11:
O mecanismo proposto por Lamarck é bastante diferente do de Darwin, a [[selección natural]], pero o resultado previsto é semellante: adaptación continua e gradual dos organismos ao seu ambiente.
Tal como fixera despois Darwin, Lamarck cita a variedade de animais e plantas producidos pola influencia do home ([[selección artificial]], a presenza de [[órganoestrutura vestixial|órganos vestixiais]], e a presenza de estruturas [[embrión|embrionarias]] que non están presentes nos adultos. A teoría de Lamarck era bastante semellante á proposta por [[Erasmus Darwin]], avó de Charles, aínda que aparentemente ningún dos dous coñecera o traballo do outro.
 
Lamarck, na súa teoría, propuxo que a vida evolucionaba "por tanteos e sucesivamente", "que a medida que os individuos dunha das nosas especies cambian de situación, de clima, de maneira de ser ou de hábito, reciben por iso as influencias que cambian pouco a pouco a consistencia e as proporcións das súas partes, da súa forma, das súas facultades e até da súa mesma organización".<ref>''Filosofía zoolóxica'', páx. 56.</ref> Sería a capacidade dos organismos de adaptarse ao medio ambiente e os sucesivos cambios que se deron nestes ambientes o que propiciaría a evolución e a actual diversidade de especies.