Fernando II de León e Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{SenReferencias}}
 
{{Reis de Galiza}}
 
'''Fernando II''', nado cara ao [[1137]] e finado o [[21 de xaneiro]] de [[1188]], foi rei de [[Reino de León|León]] e [[Reino de Galicia|Galicia]] entre [[1157]] e [[1188]]. Restaurador da [[Reino de León|Coroa de León]]. Coñecido nos ''Anales Camaracenses'' como '''Emperador de Galicia'''. Está enterrado no [[Panteón Real]] da capela das reliquias da catedral de Santiago de Compostela.
[[Ficheiro: Sepulcro de Fernando II de León (Capilla de las Reliquias de la catedral de Santiago de Compostela).jpg|miniatura|esquerda|200px|Tumba do Rei Fernando II, en Santiago.]]
 
== Restauración da coroa de León ==
O seu pai [[Afonso VII de Castela|Afonso VII]] confiou a súa educación ao líder da nobreza galega o Conde D. [[Fernando Pérez de Traba]], da mesma familia que o tutelara a el cando neno. Isto propiciou a presión galega por restaurar a coroa leonesa á morte do rei Afonso. A rivalidade entre as igrexas de [[Santiago de Compostela]] e [[Toledo]] contribuíu tamén a que o testamento de Afonso VII deixase a Sancho III Castela e Toledo e a Fernando II León e Galicia.
{{Reis de Galiza}}
 
== As fronteiras do [[Reino de Galicia]] ==
Viuse obrigado a fixar as fronteiras entre o Reino de Galicia e o recentemente independente [[Reino de Portugal]]. Este novo reino mantiña a dominación da [[Condado da Limia|Limia]], [[Tui]], [[Toroño]] e [[Vigo]]. Isto provocou intermitentes conflitos bélicos ata a recuperación para o Reino de Galicia dos devanditos territorios mediante a paz asinada en Pontevedra con [[Afonso Henriques]]{{cómpre referencia}}.