Diego Xelmírez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: Arranxos varios using AWB
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Metamodelo de avisos
| tipo = estilo
| imaxe = [[Ficheiro:NoFonti.svg|link=Wikipedia:Citar as fontes|55px]]
| texto = Este artigo contén varias [[Wikipedia:Ligazóns externas|ligazóns externas]] e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, '''mellore o artigo introducindo [[Wikipedia:Guía/Fontes|notas ao pé]]''', [[Wikipedia:Citar as fontes|citando as fontes]]. <small>Pode ver exemplos de como se fai [[:Categoría:Artigos de calidade|nestes artigos]].</small>}}[[Categoría:Artigos sen notas ao pé]]
{{Eclesiástico
|nome = Diego Xelmírez
Liña 50 ⟶ 54:
Tralo encarceramento do rei [[García de Galicia]], [[Afonso VI]] de León cedeu o [[Reino de Galicia]] ao conde [[Raimundo de Borgoña]], casado coa súa filla [[Urraca de León e Castela|Urraca]]. Fillo de ambos era Afonso Raimúndez a quen o testamento do rei garantía os dereitos sobre Galicia no caso de que Urraca, xa viúva, volvera a casar. Non debe esquecerse que Afonso Raimúndez era sobriño do Papa Calisto II.
 
Urraca casou con [[Afonso o Batallador]] de Navarra e Aragón, que se fixo dono de Castela e León. Ante esta situación, o líder da nobreza galega [[Pedro Froilaz de Traba]] apoiou os dereitos do fillo de Urraca, Afonso, e Xelmírez nun primeiro momento aliouse co inimigo dos [[Casa de Traba|Traba]], [[Airas Pérez]] aliado de Urraca, pero no transcurso do 1110 Xelmírez achegouse ao de Traba e o [[17 de setembro]] de [[1111]] Xelmírez na presenza de Pedro de Traba corou como rei de Galicia ao neno [[Afonso Reimundez]] co fin de garantir os seus dereitos sucesorios e manter independente a Galicia do dominio navarro-aragonés.{{Cómpre referencia}}
 
O conflito dexenerou en guerra aberta onde os exércitos de Xelmírez e o conde de Traba pugnaron por manter a Galicia fora da órbita de Afonso o Batallador. As desavinzas de Urraca co seu novo home acabaron levando á raíña leonesa a congraciarse con Xelmírez e respectar os dereitos do seu fillo Afonso, que acabaría sendo Afonso VII de León e Castela.{{Cómpre referencia}}
 
Tras a súa coroación Afonso VII nomeou a Xelmírez capelán e chanceler reais e seguiu contando co apoio económico e político do arcebispo compostelán para o seu proxecto imperial.{{Cómpre referencia}}
 
=== Reorganización do Señorío das Terras de Santiago ===
Liña 71 ⟶ 75:
Mandou reconstruír templos, como o de [[Ermelo, Bueu|Ermelo]] ([[Bueu]]), onde estaba o [[mosteiro de Santiago de Ermelo]]. Aló consérvase unha lápida cunha inscrición referente ao bispo, feita en [[1104]].
 
Impuxo con mao de ferro a súa autoridade contra os levantiscos burgueses composteláns. Estes, nun dos seus violentos levantamentos, chegaron a aldraxar na praza pública a raíña [[Urraca de León|Urraca]], e sitiaron o arcebispo e a raíña no seu pazo, fuxindo ambos no último intre despois de que os rebeldes lle prenderan lume ao pazo (non o coñecido na actualidade senón un anterior situado na actual Praterías), feitos estes ocorridos nos anos [[1116]] e [[1117]]. Só a axuda das tropas do conde [[Pedro Froilaz de Traba]], permitiu a recuperación do poder sobre unha cidade dinámica inclinada á rebelión, pese a que no ano [[1136]] xa vello e enfermo sufriu un novo ataque ao seu pazo.{{Cómpre referencia}}
 
Non se sabe a data exacta da súa morte nin onde está soterrado.