Evolución paralela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 14:
A definición de trazo é crucial para decidir se un cambio se considera diverxente, converxente ou paralelo. Por exemplo, a evolución do ''[[polgar]]'' [[sesamoide]] do [[panda xigante]] claramente non é paralelo con respecto aos polgares dos [[primate]]s, especialmente cos dos [[Hominini|homininos]], e difire morfoloxicamente dos polgares de primates, pero desde algúns puntos de vista podería verse como converxente en función e aparencia.
 
De novo, no exemplo dos aminoácidos da imaxe superior, nótese que como os [[aminoácido]]s [[serina]] (S) e [[treonina]] (T) posúen estruturas similares cunha [[cadea lateral]] cun grupo [[alcohol]], o exemplo marcado como ''"diverxente"'' sería denominado ''"paralelo"'' se os aminoácidos fosen agrupados por similaridadesemellanza química en vez de considerados individualmente. Noutro exemplo, se [[xene]]s de dúas especies quedaron independentemente restrinxidos da mesma maneira por medio de regulación por un certo [[factor de transcrición]], isto pode describirse como un caso de evolución paralela, pero o exame das secuencias de [[ADN]] reais probablemente mostrará só cambios diverxentes en posicións de [[par de bases|pares de bases]] individuais, xa que se pode engadir un novo sitio de unión dun factor de transcrición nun gran número de lugares dentro do xene tendo un efecto similar.
 
Unha situación similar ocorre ao considerarmos a [[homoloxía (bioloxía)|homoloxía]] de estruturas morfolóxicas. Por exemplo, moitos insectos posúen dous pares de ás para voar. Nos escaravellos, o primeiro par de ás está endurecido formando [[élitro]]s protectores que teñen un escaso papel no voo, mentres que nas moscas o segundo par de ás está reducido orixinando pequenos [[halterio]]s usados para equilibrarse. Se os dous pares de ás se consideran estruturas homólogas intercambiales, isto pode describirse como unha redución paralela no número de ás, pero doutro modo os dous cambios son casos de cambios diverxentes que afectaron a un determinado par de ás.