Macastre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
ficheiro
Liña 28:
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Mapa de 1721 de los términos de Siete Aguas, Buñol, Chiva y Macastre - Archivo Reino de Valencia.jpg|miniatura|esquerda|Mapa dos municipios de Siete Aguas Buñol, Chiva e Macastre (1721)]]
Os restos máis antigos atopados en Macastre corresponden á [[Idade do Bronce]]. Xa na [[Idade Media]], no ano 713, hai un tratado de capitulación no que es testemuña a presenza musulmá. En [[1122]] hai noticia de que o rei de Aragón [[Afonso I de Aragón|Afonso I]] (1073-1134) recadaba [[paria]]s dos [[almorábides]]. En [[1238]], tras a capitulación de [[Valencia]], os castelos, vilas e [[alcaría]]s (granxas) son organizadas en "fogos" e repartidos por [[Xaime I de Aragón|Jaume I]] (1208-1276), de maneira que dan lugar ao señorío de Bunyol que abrazaba, máis ou menos, os límites da actual comarca da [[Foia de Bunyol]], que foi concedido, o [[28 de abril]] de [[1238]], a Roderic de Liçana, quen o transferiu logo á [[orde do Hospital]]. Até a expulsión dos mouriscos, en [[1609]], a poboación medraba con rapidez –64 familias en [[1563]] e 98 en [[1602]]-, axudada pola importancia estratéxica do seu castelo, sito a cabalo dos reinos de Valencia e de [[Reino de Castela|Castela]], pero esta medra demográfica veuse frustrada con o desterro dos mouros e, se ben o [[10 de novembro]] de [[1611]] se concedeu [[carta de poboación]] a diversas familias cristiás polo señor territorial, Gaspar Mercader e Carroç, señor de Macastre, estes novos poboadores non chegaban a unha vintena de veciños. Até o [[século XVIII]] non se produciu a recuperación demográfica que, desde aquela altura sempre ten sido dun moderado ascenso cun devalo durante as décadas centrais do [[século XX|XX]].