Brión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Marcio (conversa | contribucións)
Engadida referencia xentilicio
Agremon (conversa | contribucións)
+ info referente ó galego
Liña 128:
 
Durante o [[antigo réxime]] as terras de Brión estiveron baixo o dominio da familia dos Moscoso, que desde o [[Torres de Altamira|castelo de Altamira]] dominaban boa parte do norte de Galiza. Trala batalla de Altamira, que tivo lugar en [[1471]] contra as tropas do [[arquidiocese de Santiago de Compostela|arcebispo de Compostela]] [[Alonso II de Fonseca]], [[Rui Sánchez de Moscoso]] deuse o título de I Conde de Altamira. Con todo, a fortaleza de Altamira foi quedando deshabitada por mor do progresivo traslado da nobreza galega á corte debido á política centralista levada a cabo polo [[reino de Castela]] desde os [[Reis Católicos]], até o seu abandono total no [[século XIX]].
 
O [[28 de abril]] de [[1979]] a decisión tomada nun pleno do concello convertiu a Brión no primeiro concello galego en facer as actas dos plenos en galego. Por previsión legal, mantívose tamén unha tradución en castelán ata mediados os anos 90 do século XX.<ref>{{Versaleta|Referido tanto nas consideracións como na aceptación do [[Premio Lois Peña Novo]] [[2016]]</ref>
 
O concello ten seguido apoiando a lingua e cultura galega dende entón, sendo recoñecido por elo cun dos [[Premio Lois Peña Novo|premios Lois Peña Novo]] en 2016.
 
== Patrimonio ==