Fernando Quiroga Palacios: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 60:
As armas do cardeal Quiroga están formadas por un escudo cuartelado en cruz e entado en punta:

O primeiro, partido: 1º de goles, cáliz de oro, sumado da Sagrada Forma de prata e acompañado de sete cruces do mesmo, tres en cada flanco e unha na punta, esta flanqueada das letras M e O de ouro (Mondoñedo). 2º. De azul, unha nube de prata sumada da urna do sepulcro do [[Santiago o Maior|Apóstolo Santiago]], surmontada dunha estrela de oito puntas de ouro (Compostela).
O segundo, de prata, sobre ondas de azul e prata que representan un caudal de auga, unha ponte de cinco arcos de ouro, sumado na dereita por un castelo de ouro, ameado, mazonado de sable e aclarado de goles, e á esquerda un león rampante, armado uñado e linguado de ouro que levanta na súa dereita unha espada do mesmo metal, e no centro do xefe do escudo unha coroa real pechada (Ourense).
O terceiro, de goles, con cinco estacas de prata postas en pau e colocadas en faixa (Quiroga).
O cuarto, de goles, unha aspa a todo tranceresoltamente, axadrezada de dúas ordes de escaques de ouro e goles (Palacios). Entado en punta, de prata, a cifra en letras de sable "JHP".
En escusón de azur, un [[Sagrado corazón]]. Asomando tralo escudo, cruz patriarcal de ouro, de dobre traversa. Acolada a Cruz da Soberana Orde Militar e Hospitalaria de Malta.
Ao timbre, galero con quince borlas dispostas en cinco ordes a cada lado, todo de goles e rodeado das Bandas das Reais Ordes de Isabel a Católica e San Raimundo de Peñafort. Lema: ''Omnia in cartitate fiant''.
== Bispos consagrados por Fernando Quiroga ==
* [[Gregorio Elías Olazar Muruaga]]